Publicador de contidos
Publicador de contidos

O uso de banda larga no rural alcanza o 90,3 %, reducindo a fenda dixital en Galicia

O uso de banda larga no rural alcanza o 90,3 %, reducindo a fenda dixital en Galicia

A contratación de Internet de alta velocidade no rural medrou o 30 % desde 2016

Os datos para a elaboración deste informe proveñen do Instituto Galego de Estatística

G24.gal 25/12/2024 19:31

Un estudo do Observatorio da Sociedade da Información e Modernización de Galicia, organismo dependente da Xunta, reflicte que o uso de banda larga no rural alcanza o 90 %, case o mesmo que nas cidades, onde a porcentaxe e do 94 %.

Redúcese a fenda entre o rural e o urbano no que se refire ao acceso a Internet de alta velocidade. A contratación de Internet de alta velocidade no rural medrou o 30 % desde 2016.

O uso de dispositivos electrónicos supera o 95 % en todos os tramos de idade entre 16 e 54 anos, e baixa ao 60,4 % no caso das persoas de entre 65 e 74 anos.

A porcentaxe de persoas que usan dispositivos electrónicos no rural é practicamente o mesmo entre homes e mulleres, mesmo lixeiramente superior no caso das segundas (87,9 % fronte ao 87,5 %), polo que non hai brecha de xénero.

As diferenzas principais teñen que ver coa idade. Practicamente todas as persoas do rural de entre 16 e 44 anos (por encima do 99 %) declaran usar dispositivos electrónicos. A porcentaxe é tamén moi significativa no caso das persoas de entre 45 e 54 anos (un 95,6 %).

Pero esta porcentaxe baixa ata o 87,2 % entre os 55 e os 64 anos; e ao 60,4% no tramo de entre 65 e 74 anos. Más da metade das persoas do rural que usan Internet fan compras por esta canle, fronte ao 72,3 % que o fan nas áreas urbanas.

Con todo, preto do 90 % das persoas do rural de entre 25 e 34 anos compran por Internet, unha cifra que contrasta co 10,3 % das persoas de entre 65 e 74 anos.

Son datos do Observatorio da Sociedade da Información e Modernización de Galicia (OSIMGA), que acaba de publicar o informe sobre a 'Modernización tecnolóxica no rural', con datos da Enquisa Estrutural de Fogares do Instituto Galego de Estatística.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar