Publicador de contidos

Publicador de contidos

Colisión na autovía A-52 ao chocar un camión cun turismo detido na beiravía

Colisión na autovía A-52 ao chocar un camión cun turismo detido na beiravía

A condutora do turismo tivo que ser excarcerada do seu coche e trasladada en helicóptero ao CHUO en estado grave

 

A condutora do vehículo quedou atrapada no interior do seu coche A condutora do vehículo quedou atrapada no interior do seu coche
G24.gal 25/04/2025 22:52

Un camión porta-vehículos chocou por alcance contra un turismo que se atopaba detido na beiravía na autovía á altura de Ourense.

Como consecuencia do impacto, a condutora do vehículo quedou atrapada no interior e resultou ferida de gravidade. Os servizos de emerxencia desprazáronse rapidamente ao lugar, sendo necesaria a intervención dos bombeiros para excarcerar á vítima.

A condutora foi trasladada de urxencia ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) a bordo do helicóptero medicalizado H4.

O accidente afectou notablemente ao tráfico, quedando unicamente habilitado o carril esquerdo da vía, xa que o camión implicado sufriu importantes danos que obrigaron a pechar o carril dereito. 

As probas de alcoholemia e drogas realizadas ao condutor do camión resultaron negativas. A circulación quedou completamente restablecida ás 21:10 horas. As autoridades continúan investigando as causas do accidente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade