Recrúan as queixas pola perigosidade do treito da A-55 en Mos
Esta Semana Santa rexistrou varios accidentes e un corremento de terras
Para os que se moven en coche entre Vigo e Tui un dos principais problema está no mal estado da A-55 á altura de Mos; un punto negro de accidentes, que confirmou a súa mala sona esta Semana Santa.
O tramo desta autovía que une Vigo con Ourense está considerado como un dos máis perigosos de Galicia. Curvas moi pronunciadas ás que agora se suma o mal estado do firme, con numerosas fochas, a pesar de que foi parcheado recentemente.
Quen circula acotío por este treito sábeo ben: nos carrís de subida e baixada de Puxeiros é habitual que o tráfico se complique.
Durante esta Semana Santa volveu ser protagonista da sinistralidade en Galicia e, aínda máis, rexistrouse un corremento de terras por mor da chuvia que precisou a intervención de mantemento de estradas. Moitas queixas tamén polo mal estado do firme que soporta un tráfico diario duns 60.000 coches e camións.
A mellora da sinalización e as limitacións de velocidade axudaron a reducir o número e a gravidade dos accidentes, pero aínda así as incidencias son frecuentes.