Publicador de contidos

Publicador de contidos

Descontos e postos na rúa para celebrar o Día do Libro

Descontos e postos na rúa para celebrar o Día do Libro

O hábito da lectura parece que se consolida e segue medrando o número de lectores, unha tendencia que comezou na pandemia, período en que a lectura atraeu moitos mozos

No último barómetro sobre lectura: o 70 por cento dos enquisados aseguraba que lía ben por traballo ou estudos e un 65 por cento recoñecía que o facía por ocio

G24.gal 23/04/2025 14:07

O Día do Libro celébrase practicamente en todo o mundo. Esta data nacía para fomentar a lectura, sobre todo entre os máis novos. E son os máis novos os que agora están a consolidar este hábito.

"As familias incentivan moito os nenos e nenas para que lean desde pequenos, tamén axuda o traballo que se fai no ámbito escolar", asegura o libreiro, Julián García.

Tamén ten moito que ver a actual oferta literaria para este público.

"Moita máis oferta e con máis calidade, a ciencia ficción romántica xuvenil con encadernacións moi coidada están moi buscadas, hai tamén unha gran variedade de banda deseñada, eu creo que os rapaces agora mesmo están moi interesados en ler", explica a libreira Ana López.

A novela negra segue a ser a preferida dos lectores, seguida da histórica. Outro dos que triunfa é o libro infantil.

"A lectura entretén, axúdache a coñecer lugares, e os máis pequenos melloran a súa ortografía", di unha muller.

Se hai que escoller entre libro electrónico ou de papel.

"A xente diche que quere sentir o papel", asegura o libreiro Julián García.

Horarios ininterrompidos, con postos na rúa e con descontos, así celebran este día as librarías

"Temos descontos do 10 por cento e unha rosa de agasallo con cada libro", di o libreiro Pol Alonso.

Libros que nesta xornada tamén chegaron aos paciente do hospital lugués. Ata 250 exemplares repartíronse na entrada deste centro

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade