Publicador de contidos

Publicador de contidos

Nove drons en voo simultáneo poñen a proba a tecnoloxía coa que se regulará o seu tráfico comercial

Nove drons en voo simultáneo poñen a proba a tecnoloxía coa que se regulará o seu tráfico comercial

Un dos aparatos levou ferramenta do porto da Coruña ata o de Malpica en 12 minutos 

O centro tecnolóxico ITG asegura que a súa tecnoloxía permitirá operar centos de drons na Coruña e Ferrol en 2026 

G24.gal 23/04/2025 15:04

Nove operadores de drons puxeron a proba os seus servizos ao mesmo tempo no porto da Coruña. A demostración aúna o traballo de todo un ano de 50 entidades de toda Europa que colaboran na posta a punto dos sistemas que van controlar o tráfico dos voos non tripulados. 

"O que simulamos é diferentes servizos desde o porto a barcos ou outros portos", explican no ITG. 

Un dos aparatos levou unha peza de reposto urxente ata o porto de Malpica. O que por estrada levaría tres cuartos de hora, no dron chega en 12 minutos. Así que esta loxística presenta vantaxes que auguran que se vai impoñer no mercado. Pero para iso compre avanzar na tecnoloxía que vai controlar ese tráfico aéreo de maneira segura. Iso é que realmente se poñía a proba con esta demostración nun espazo real.

"Voar nove drons pode parecer fácil, pero a futuro poden ser noventa no mesmo espazo aéreo é teñen que coordinarse todos cunha tecnoloxía automatizada", contan.

O Centro Tecnolóxico ITG, é o socio galego do conglomerado de entidades U-ELCOME, que promoven a coordinación do tráfico de drons en toda Europa. O seu responsable de Comunicación, Félix Rodríguez, asegura que a súa tecnoloxía permitirá que o ano que vén centos de drons xa poidan operar de forma habitual no espazo aéreo da Coruña e Ferrol.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade