Buscan con drons e cans a un home de 76 anos desaparecido en Lalín
Buscan con drons e cans a un home de 76 anos desaparecido en Lalín
O home vestía un pantalón vaqueiro, xersei gris ou azul, zapatos negros e un pequeno chapeu
Leva desaparecido desde o domingo pola noite
Un amplo dispositivo de procura está tentando localizar a un home de 76 anos desaparecido en Lalín. Ramón Ángel Sampayo Montoto, veciño da parroquia de Anzo, foi visto por última vez na noite do domingo.
Os seus familiares alertaron ao 112 Galicia sobre as 10:30 horas da mañá deste luns. O home vestía un pantalón vaqueiro, xersei gris ou azul, zapatos negros e un pequeno chapeu.
Desde o 112 Galicia compartiuse a información coa Policía Local de Lalín, co GES de Lalín, coa Garda Civil e coa agrupación de voluntarios de Protección Civil de Lalín. No dispositivo de procura participan tamén varios integrantes do grupo de cans de localización e rescate, da ONG de Intervención, Axuda e Emerxencias (IAE), así como o equipo de drons da Axencia Galega de Emerxencias (Axega).