Publicador de contidos

Publicador de contidos

Localizada en bo estado a muller de 41 anos desaparecida en Vigo o domingo

Localizada en bo estado a muller de 41 anos desaparecida en Vigo o domingo

Explicou que marchara da casa voluntariamente e que se atopaba ben

A asociación SOS Desaparecidos, que pedira axuda para dar con ela, desactivou a alerta

(SOS Desaparecidos) (SOS Desaparecidos)
G24.gal 10/04/2025 02:48

A veciña de Vigo de 41 anos de idade desaparecida desde o pasado domingo, Andrea Moreno Portela, foi localizada en bo estado, segundo confirmaron fontes policiais.

As mesmas fontes sinalaron que Andrea foi localizada na noite deste mércores e que ela mesmo explicou que marchara da casa voluntariamente e que se atopaba ben.

A asociación SOS Desaparecidos, que avisou da desaparición despois da presentación de denuncia na comisaría por parte da familia, desactivou a alerta.

Andrea fora vista pola súa familia por última vez o pasado domingo e, após denunciar a súa desaparición, activouse unha investigación por parte do grupo 2 de UDEV da Comisaría de Vigo, que informou tamén o xulgado.

Desactivada a alerta de SOS Desaparecidos

A última hora deste mércores, a asociación SOS Desaparecidos desactivaba a alerta que lanzara para dar con Andrea Moreno Portela.

🔕 DESACTIVADA #sosdesaparecidos #Desaparecido #Missing #España #Vigo #Pontevedra
Fuente: sosdesaparecidos
Síguenos @sosdesaparecido pic.twitter.com/zd8N3Y8Vro

A Policía Nacional investigaba a desaparición desta veciña da cidade olívica tras a denuncia presentada por súa nai, que a vira por última vez na noite do sábado. O domingo pola mañá intercambiaran unhas mensaxes de WhatsApp e, a partir de entón, nada. O caso chegara ao Xulgado de Instrución número 7, en funcións de garda.

Outro xulgado vigués, o de Violencia sobre a Muller, ditaba este ano dúas sentenzas contra unha exparella dela, segundo confirmaran fontes xudiciais: en xaneiro, impoñíalle a prohibición de achegárselle e o mes pasado, decretaba a súa entrada en prisión por saltar a orde de afastamento. Fontes do TSXG explicaran que aínda está en prazo para o seu ingreso voluntario.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade