Publicador de contidos

Publicador de contidos

Nenos e nenas de Cangas percorren a zona vella co seu particular Viacrucis infantil

Nenos e nenas de Cangas percorren a zona vella co seu particular Viacrucis infantil

O concello do sur de Galicia coas procesións máis relevantes, xuntou este Domingo de Ramos infancia con Semana Santa

Uns corenta menores vinculados ás cinco confrarías da vila representaron as catorce etapas da paixón de Xesús

0 seconds of 0 secondsVolume 50%
Press shift question mark to access a list of keyboard shortcuts
Keyboard Shortcuts
Play/PauseSPACE
Increase Volume
Decrease Volume
Seek Forward
Seek Backward
Captions On/Offc
Fullscreen/Exit Fullscreenf
Mute/Unmutem
Seek %0-9
00:00
00:00
00:00
00:00
 
G24.gal 13/04/2025 21:36 Última actualización 13/04/2025 22:06

Os menores vinculados ás cinco confrarías de maiores de Cangas inícianse na Semana Santa cun Viacrucis na vía da dor que viviu o Xesús de Nazaret dende que o procurador de Xudea Pilatos o arrestou ata que foi crucificado e soterrado.

Os pequenos, de entre catro e vinte anos, representan ese camiño pasando polas catorce estacións católicas da cruz establecidas en catorce puntos a zona vella entre a colexiata de Santiago e o cruceiro de Síngulis. 

"Nós poñémoslles os mantos, as cores, e os traxes igual que na procesión do Encontro. Entón eles vanse identificar, o venres pola mañá cando miren o encontro, coas personaxes que interpretaron eles hoxe aquí: ti fuches de ese, eu desoutro, mira... eu fun Xudas. Temos un Xudas que todos os anos quere ir de Xudas. E Pilatos comezou con doce anos, e segue facendo de Pilatos e ten vinte anos", conta a Adela Martínez, a tesoureira da Confraría do Santísimo Cristo do Consolo de Cangas.

"Eu, apetecíame sobre todo ir de Xesús Cristo. O ano pasado fun de xefe dos romanos. Pero é un honor para min hoxe ser Xesús de Nazaret", explica Gael Pena, que interpreta a Xesús de Nazaret.

"Imos ir estando sacando fotos porque levamos o Instagram da Confraría, que podedes seguilo. E hoxe imos sacar as fotos e vídeos para ir facendo os carteis do ano que vén", relata Alicia Menduíña, que leva a prensa e as redes sociais da Confraría do Santísimo Cristo do Consolo de Cangas.

"Ao principio foi un pouco complicado porque non nos apoiaban moito con iso porque era moi innovador. Pero ao final acadámolo e vainos moi ben", asegura Aroa Fernández, encargada tamén da prensa e das redes sociais da Confraría do Santísimo Cristo do Consolo de Cangas.

Aroa e Alicia comezaron sendo nenas fillas de confrades que participaban no Viacrucis infantil. O seu apego pola Semana Santa de Cangas levounas a achegar hoxe o seu coñecemento das redes sociais a algo a priori afastado dos máis novos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade