Publicador de contidos

Contido con Temática Sucesos .

Publicador de contidos

Contido con Temática Sucesos .

Sucesos

O helicóptero en que viaxaba Ebrahím Raisí no momento da engalaxe

Confusión en Irán na intensa busca do helicóptero en que viaxaba o presidente

19/05/2024 22:54

O exército asegura que localizou o lugar en que está a aeronave sinistrada que transportaba a Ebrahím Raisí

Viaxaban tamén o ministro de Exteriores e outros destacados dirixentes do país

Os países árabes solidarízanse con Irán e ofrecen a súa axuda


Imaxe do val de Bamiyán, un lugar moi visitado

O Estado Islámico reivindica o atentado no que morreron tres españois en Afganistán

19/05/2024 21:40

O grupo xihadista atribúese o ataque contra "turistas cristiáns e os seus compañeiros xiítas" na cidade de Bamiyán

O ministro de Asuntos Exteriores condenou con firmeza o atentado e dixo que España seguirá traballando contra o terrorismo

O departamento de Albares tenta axilizar a repatriación das vítimas do ataque 


Os axentes que sobreviron ao ataque dunha narcolanxa en Barbate relatan a escaseza de medios

19/05/2024 21:22

Os catro gardacivis que sobreviviron á embestida dunha narcolancha en Barbate, compareceron diante da xuíza e o seu relato dos feitos chegaba a distintos medios de comunicación, nas últimas horas

 

A declaración dos axentes fundamentou a denuncia da asociación Jucil contra cargos da Garda Civil por presunto delito de homicidio por imprudencia


Un desprendemento de terra obriga a interromper o tren Ferrol-Ortigueira

19/05/2024 20:04

O desprendemento sucedeu entre Cerdido e o núcleo de Ponte Mera, no concello de Ortigueira

O Adif estableceu un plan alternativo de transporte por estrada entre ambas as localidades

 


Zona onde se produciu a agresión na zona da Capela, en Carreira ( Ribeira)

Buscan a tres menores por unha malleira a un mozo en Ribeira

19/05/2024 15:48

Os feitos sucederon de madrugada no lugar da Capela, en Carreira

A Policía Local de Ribeira pide a colaboración cidadá para dar con eles e identificalos


Exteriores tenta axilizar a repatriación das vítimas do atentado de Afganistán

19/05/2024 09:22

Faleceron dúas mulleres de Barcelona, nai e filla, e un home de 63 anos natural de Girona

Outra turista española quedou ferida e permanece ingresada con prognóstico reservado

Segundo o ministro de Exteriores, todo apunta a que se trata dun ataque terrorista


Un dos vehículos implicados no sinistro

Dous condutores, de 66 e 22 anos, falecen nunha colisión frontal en Ordes

19/05/2024 08:59

Os vehículos bateron pouco antes das sete da mañá na estrada N-550, á altura da parroquia de Leira

Unha terceira persoa quedou ferida grave e foi trasladada ao hospital Clínico de Santiago


Trinta coches danados e 17 calcinados no porto de Xábia, en Alacante

18/05/2024 19:05

Un incendio que se declarou a primeira hora da tarde no porto deportivo de Xábia, en Alacante,
Etiquetas:  COCHES   INCENDIO

Unha furgoneta bate contra unha cabina de peaxe na AP-9 en Vilaboa

18/05/2024 18:27

Malia o forte impacto, non houbo que lamentar danos persoais


Momento da detención do condutor implicado

Espectacular persecución policial polas rúas de Vigo para interceptar un condutor drogado

18/05/2024 15:50

Unha cámara portuaria captou o momento na glorieta de Beiramar en que tres vehículos policiais logran pechar o paso do turismo que fuxía dos axentes 

Os feitos sucederon o sábado da semana pasada tras detectar na rúa Marqués de Valterra un vehículo cunha conducción errática


O branqueo de cartos do narcotráfico evoluciona en paralelo ao aumento deste comercio ilícito e dos beneficios

18/05/2024 13:24

Na última operación importante contra o narcotráfico en Galicia confiscáronse bens por valor de 10 millóns de euros

O xefe do servizo de Vixilancia Aduaneira en Galicia lamenta que pasa demasiado tempo entre unha operación policial e a sentenza xuducial que permite expropiar os bens dos traficantes


Ascensor do HALO en Vigo /Arquivo

Terceira morte este ano por caída desde o mirador do HALO en Vigo

18/05/2024 12:55

A Policía Nacional investiga a localización do cadáver dunha muller contra ás oito da mañá na base desta estrutura futurista

O terceiro falecemento en 2024 cuestiona as medidas de seguridade deste elevador


Colexio de Ventín, en Ames

Analizan os menús escolares en Ames tras un gromo de gastroenterite cuns 60 afectados

18/05/2024 11:07

Sanidade tomou mostras da comida dos centros escolares para investigar a orixe da infección

Ningún dos 65 casos detectados reviste gravidade

 As Asociacións de Pais de Ames apuntan a que os afectados serían máis


O turismo e o camión implicados no accidente

Unha muller de 45 anos morre ao bater co seu coche contra un camión en Frades

18/05/2024 09:16

A Garda Civil investiga se ambos os dous vehículos invadiron o carril contrario


Morren tres turistas españois e outro resulta ferido nun tiroteo en Afganistán

17/05/2024 22:27

A Generalitat xa confirmou que os falecidos son tres cidadáns de Cataluña

Os feitos aconteceron en Bamiyán, a capital da provincia homónima do centro do país


Un biólogo de pais galegos desaparece tras bater o seu barco cun atuneiro vigués

17/05/2024 22:16

A Armada de Ecuador investiga o acontecido mentres continúa cun plan de rescate

Etiquetas:  NAUFRAXIO   ECUADOR

A Garda Civil investiga unha vaga de roubos de coches en Bergantiños

17/05/2024 14:44

Os veciños piden que se reforce a vixilancia policial nas noites


Investigan o impacto de balotes en varios vehículos en Lugo

17/05/2024 14:44

Dous condutores presentaron denuncia tras ser vítimas destes disparos na Ronda da Muralla


Aparece o cadáver dun home no leito dun río en Fene

17/05/2024 14:28

O corpo estaba nunha zona moi estreita, o que obrigou a complicadas manobras para poder recuperalo

Investigan as causas do falecemento e a identidade desta persoa

Etiquetas:  CADÁVER

Deteñen de Tui un home que circulaba en sentido contrario e triplicaba a taxa de alcohol

17/05/2024 14:16

O arrestado, cidadán portugués, está acusado de provocar un accidente e fuxir do lugar do sinistro

Etiquetas:  TRÁFICO

O xurado cre que o móbil do crime foi unicamente sexual

O xurado declara culpable de violación e asasinato o veciño de Manuela Chavero

17/05/2024 14:16

A Fiscalía pide prisión permanente revisable para Eugenio Delgado


Escaparate roto nunha peluquería canina de Sada

Preocupación entre hostaleiros e comerciantes de Sada pola vaga de roubos

16/05/2024 19:59

Os afectados cren que os roubos son perpetrados pola mesma persoa, un veciño desta localidade coruñesa


Autobús urbano. Concello da Coruña

Dous feridos nun bus da Coruña que deu unha freada para evitar chocar contra un coche

16/05/2024 19:46

O accidente aconteceu na rúa Doutor Enrique Hervada, preto da fonte de Catro Camiños


Gansos que atacan os veciños (Concello de Betanzos)

Betanzos solicita á Xunta que recoloque varios grupos de gansos que atacan os veciños

16/05/2024 17:33

O Concello di que xeran problemas de salubridade e de seguridade viaria

Solicitan a presenza de axentes medioambientais para concretar as accións a desenvolver


Un accidente múltiple na ponte de Rande provoca quilómetros de retencións en sentido Pontevedra

16/05/2024 16:24

Os atascos chegan case ata a saída de Vigo en pleno inicio da ponte das Letras Galegas

A circulación foi restablecida tras algo máis dunha hora


Imaxes do rescate na praia de Mar de Fóra, en Fisterra

Rescatan un peregrino de 21 anos do mar en Fisterra

16/05/2024 16:03

Foi necesario empregar un helicópero debido á forza do mar e o lugar onde estaba

O mozo permanece ingresado na UCI do CHUAC, onde se atopa estable


Imaxe do edificio residencial afectado pola explosión (Reuters/Thilo Schmuelgen)

Polo menos 3 mortos e 16 feridos nunha explosión nun quiosco en Alemaña

16/05/2024 11:37

A explosión produciuse sobre as 2:30 da madrugada no distrito de Flingern (Dusseldorf)

Estase a investigar a causa do incendio e a identificación dos falecidos

Categorías:  Mundo   Sociedade   Sucesos
Etiquetas:  EXPLOSIÓN   INCENDIO

Templo budista de San Amaro tras o incendio

O templo budista de San Amaro comeza a rexurdir entre as cinzas

15/05/2024 20:27

Vanse cumprir tres meses do incendio que devastou o mosteiro budista de Ventoselo, en San Amaro, e os traballos de demolición deixan á vista o alcance dos danos 

Calculan que a reconstrución vai custar máis de setecentos mil euros, sufragados fundamentalmente polas doazóns dos seus fieis


Mohamed Amra (REUTERS / Interpol)

Interpol emite orde de arresto contra o reo que provocou 2 mortos ao fuxir en Francia

15/05/2024 17:33

Escapou cando o furgón en que estaba sendo trasladado para declarar foi asaltado, o que lles custou a vida a dous funcionarios da prisión

Está condenado por diversos roubos e acusado de encargar varios crimes relacionados co narcotráfico, un deles en Marbella


(Europa Press/Carlos Luján)

Cae o cártel de Sinaloa en España, coa incautación de 1.800 quilos de metanfetamina

15/05/2024 14:43

É o maior alixo comisado desta substancia en España e o segundo maior de Europa

A investigación comezou hai un ano cunha detención en Tenerife


Un pirómano atemoriza A Pobra do Caramiñal

15/05/2024 14:11

Provocou catro incendios na vila en menos dun mes

A Garda Civil abriu unha investigación para dar co autor dos incendios intencionados


Os bombeiros evitan que arda por completo unha casa forte do século XIX no Saviñao

15/05/2024 13:31

A rapidez dun veciño en dar a alarma foi a clave

A estrutura do inmoble é de madeira e hai forraxe almaceada


Vista desde o coche da denunciante ao saír do seu garaxe

Unha veciña de Meira, en Moaña, denuncia que lle aparcan diante do seu garaxe

15/05/2024 13:13

Os seus veciños cren que hai sitio de sobra e que a solución pasa por ampliar o portal


Fernando Suárez, presidente do Colexio de Enxeñeiros Informáticos de Galicia: "A ciberdelincuencia move máis diñeiro que o tráfico de drogas"

15/05/2024 11:34

Suárez apela á conciencia social para minimizar o impacto de ciberataques como o recente do Santander

O experto recomenda mudar contrasinais con frecuencia e prestar atención ás mensaxes de enxeñería social


Imaxe dun detido da operación policial. (Policía Nacional)

Cae unha rede de narcotráfico localizada en Barcelona

15/05/2024 10:11

A organización traficaba con marihuana entre España e outros países europeos

Hai 54 detidos de nacionalidade española que actuaban como "grosistas da droga"

Branqueaban diñeiro a través de investimentos inmobiliarios e criptomoedas

Etiquetas:  DROGA

Ingresa na cadea o presunto autor dunha vintena de delitos contra os dereitos dos traballadores e estafa

15/05/2024 10:09

O suposto autor dos feitos, detallou a Policía Nacional, publicaba en Internet ofertas de traballo na rama agrícola coas seguintes condicións: xornadas de cinco días, soldo de 1.200 euros, contrato, comida incluída e xestión de aloxamento

O detido, xa en prisión provisional, aproveitábase da situación de vulnerabilidade dos demandantes de emprego, cidadáns estranxeiros á espera de regularizar a súa situación


Comisan 4 toneladas de haxix en Sevilla camufladas en envoltorios de chocolates

15/05/2024 09:50

A droga localizouse en dúas parcelas da localidade da Puebla del Río


Falece un pescador de 70 anos na área recreativa de Vilagudín, en Ordes

15/05/2024 09:21

O home saíra de Carballo o martes a media tarde para pescar no seu espazo habitual

O corpo sen vida foi localizado na auga, a uns 60 metros da beira

Ante a carencia de medios de rescate acuático, un bombeiro do parque de Ordes acabou meténdose na auga para sacar o cadáver

Etiquetas:  PESCA

Autobús accidentado e servizos de emerxencia en Florida (REUTERS)

Un choque entre un autobús e unha camioneta deixa 8 mortos e 40 feridos en Florida

14/05/2024 18:56

O autobús, no que viaxaban 53 traballadores inmigrantes, saíu da estrada, atravesou un valado e envorcou

Oito dos feridos atópanse en estado crítico, entre eles o condutor da camioneta


Canteira na que se produciu o accidente mortal no lugar Vilamor

Falece un traballador ao caer por un desnivel nunha canteira de Mondoñedo

14/05/2024 17:08

Os feitos aconteceron na parroquia de Vilamor, cando o home de 52 anos caeu coa máquina que manexaba

O persoal sanitario confirmou a morte e atendeu a outro traballador, que foi trasladado ao Hospital Público da Mariña

Publicidade
Publicidade