Cargando resultados...
Atopan en Ribadeo o corpo do home desaparecido o pasado 30 de outubro
Atopan en Ribadeo o corpo do home desaparecido o pasado 30 de outubro
Francisco Barcia Veiga, veciño da vila, desaparecera logo de saír pasear
G24.gal
19/11/2024 14:48
A Garda Civil informou de que foi atopado o corpo sen vida dun veciño de Ribadeo cuxa desaparición foi denunciada o pasado 30 de outubro.
Segundo a información facilitada pola Comandancia da Garda Civil, trátase de Francisco Barcia Veiga, un veciño de Ribadeo de 84 anos que desapareceu despois de saír pasear.
O seu corpo sen vida foi localizado nun descampado, no propio termo municipal de Ribadeo.