Publicador de contidos
Publicador de contidos

Localizan ao veciño de Meis que desaparecera, mentres que seguen buscando ao de Ribadeo

Localizan ao veciño de Meis que desaparecera, mentres que seguen buscando ao de Ribadeo

O home declarou que a súa fuxida foi voluntaria

En Ribadeo continúan os labores de rastrexo

G24.gal 07/11/2024 12:37 Última actualización 07/11/2024 20:39

Remata o operativo de busca do veciño de 48 anos da Armenteira, en Meis, despois de nove días, xa que o home apareceu e dixo que súa fuxida foi voluntaria.

Lembramos que nesta despregadura un equipo especialistas do Grupo de Actividades Subacuáticas da Garda Civil está en Cambados para peitear o río Umia.

O coche do desaparecido aparecía mal aparcado na zona da ponte de Covas de Lobo. A Policía púxose en contacto coa familia para interesarse polo sucedido e o luns puxeron a denuncia.

Varias unidades da Garda Civil rastrexaron as beiras do río, desde o lugar onde estaba o vehículo ata a desembocadura entre Sisán e Castrelo. Tamén se mobilizou un helicóptero que sobrevoou a zona.

Segue o rastrexo en Ribadeo

Con todo, continúan na procura en Ribadeo de Francisco Barcia Veiga, de 84 anos. Falta da súa casa dende o mércores da semana pasada. Patrullas da Garda Civil e brigadas forestais da Consellería do Medio Rural rastrexaron varias zonas do municipio coa axuda de membros de Protección Civil. As tarefas de busca desenvólvense por terra, aire e tamén na zona da ría.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade