Escolares de Ourense amosan a súa visión artística das violencias contra as mulleres nunha exposición

Co gallo do 25-N a mostra pode verse ata o vindeiro día 10 de decembro no Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense
Participaron un cento de alumnos e alumnas dos centros escolares da provincia
Dúas alumnas de Primaria e Secundaria do Colexio Plurilingüe Padre Feijoo Zorelle quedaron primeiras no concurso 'Únete. Eu non calo ante a violencia de xénero'
Un cento de escolares de toda a provincia de Ourense presentaron os seus debuxos na primeira edición do concurso 'Eu non calo ante a violencia de xénero'. Agora con motivo do 25-N, o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, os mellores traballos poden verse nunha exposición no Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense.
Sete dos mellores traballos pertencen ao alumnado do Colexio Plurlingüe Padre Feijóo, na cidade de Ourense.
A súa ollada sobre un grave problema social é agora unha exposición. A mostra interactiva a través de códigos QR pode verse ata o vindeiro 10 de decembro.