Publicador de contidos
Publicador de contidos

Mazón destitúe a Salomé Pradas, a conselleira responsable de emerxencias

Mazón destitúe a Salomé Pradas, a conselleira responsable de emerxencias

O presidente da Generalitat divide as competencias da actual conselleira para crear unha específica para emerxencias

EFE EFE
G24.gal 20/11/2024 21:08 Última actualización 20/11/2024 21:19

O president da Generalitat de Valencia destituíu á conselleria de Xustiza e Interior, Salomé Pradas. Carlos Mazón nomeou a dous novos consellers: Juan Carlos Valderrama Zurián, que asumirá a carteira de Emerxencias e Interior, e Nuria Martínez Sanchis, que será conselleira de Xustiza.

Valderrama Zuirán foi subdelegado do Goberno na provincia de Valencia entre 2014 e 2017. Pola súa banda, Martínez Sanchis é avogada e exdecana da Facultade de Ciencias Xurídicas, Económicas e Sociais da Universidade Católica de Valencia.

Con estas designacións, que se suman ás incorporacións xa anunciadas de Marián Cano, como consellera de Innovación, Industria, Comercio e Turismo, en substitución de Nuria Montes, e de Francisco José Gan Pampols, como vicepresidente para a Recuperación Económica e Social, o Consell dá por finalizada a remodelación do Goberno valenciano tras a dina que arrasou a provincia de Valencia o pasado 29 de outubro, segundo indicou a Generalitat este mércores pola noite a través dun comunicado.

 O president da Generalitat, Carlos Mazón, destacou a "xenerosidade política e a altura de miras" de Pradas e recoñeceu o seu "gran labor nos diferentes cargos que desempeñou no Goberno valenciano".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade