Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ribera revela que a conexión co Cecopi "pasou a negro" a tarde da DINA

Ribera revela que a conexión co Cecopi "pasou a negro" a tarde da DINA

A vicepresidenta terceira explicou no Congreso que os respresentantes da Delegación do Goberno, Aemet e a Confederación Hidrográfica do Júcar non puideron participar nas discusións sobre como afrontar a alerta entre as seis e as sete da tarde

Fontes do PP negan que se desconectase a comunicación e din que puido haber un fallo técnico

EFE 20/11/2024 16:34

A vicepresidenta terceira do Goberno e ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, revelou este mércores que durante a reunión telemática do Cecopi na tarde da DINA, onde participaba a administración central, a "pantalla pasou a negro" entre as seis e a sete da tarde.

"Non sabemos que ocorreu durante esa hora, pero as tres persoas que representaban á Delegación do Goberno, Aemet e a Confederación Hidrográfica do Xúcar non puideron participar nese debate que seguro estaba a ter lugar de maneira presencial na sede do Cecopi para decidir", engadiu na segunda intervención da súa comparecencia no Congreso para dar conta da súa xestión da dana.

Fontes do PP negaron, tras a revelación da ministra, que o Cecopi se desconectara e apuntaron á posibilidade dun fallo técnico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade