A vivencia de galegos tras a DINA: "O máis duro foi ver a xente: estaban desorientados, perdidos"
A vivencia de galegos tras a DINA: "O máis duro foi ver a xente: estaban desorientados, perdidos"
23 días despois das inundacións aínda queda moito traballo por facer
Nas zonas afectadas pola catástrofe continúan os traballos de limpeza. 23 días despois das inundacións, a cantidade de lama e residuos que aínda quedan por retirar son impresionantes. Un arduo labor en que participan moitos galegos.
O cabo Costa, galego destinado no cuarto batallón da UME en Zaragoza, chegou a Valencia pouco despois da traxedia. "O máis duro foi ver a xente. Estaban desorientados, perdidos. Para eles era un alivio cando nos vían".
Nada máis chegar, o urxente era a localización de vítimas. "Tocounos revisar vehículos e garaxes e localizar vítimas".
Neste momento céntranse na limpeza da rede de sumidoiros, que debe estar preparada para as chuvias do inverno.
Eva, unha viguesa que leva dez anos residindo en Chiva, di que nunca esquecerá ese día. "Foi moi impactante. Víamos amigos e veciños do barrio desfeitos, chorando. Nós estábamos en shock".
Ninguén da súa familia sufriu feridas nin a súa casa grandes danos. Eva céntrase agora en prestar todo o apoio que pode aos seus veciños.