Publicador de contidos

Contido con Xeográficas España .

Publicador de contidos

Contido con Xeográficas España .

España

EFE

Mazón destitúe a Salomé Pradas, a conselleira responsable de emerxencias

20/11/2024 21:08

O presidente da Generalitat divide as competencias da actual conselleira para crear unha específica para emerxencias

Categorías:  España   Política
Etiquetas:  DINA

As familias afectadas piden a volta ás aulas

As familias de Paiporta esíxenlle ao Goberno valenciano a volta ás aulas con garantías

20/11/2024 20:48

Dos máis de 90 centros afectados pola DINA só 12 abriron de novo


Teresa Ribera. (EFE/Borja Puig de la Bellacasa)

Teresa Ribera, designada vicepresidenta da Comisión Europea

20/11/2024 17:59

O nomeamento saíu adiante nas comisións competentes do Parlamento Europeo, para o que se requiría maioría de dous terzos

Foi tralo acordo pechado por populares, socialdemócratas e liberais, que tamén aproba o nomeamento como vicepresidente do candidato de Italia

O PPE apoia a Teresa Ribera a pesar do rexeitamento dos seus socios do PP español


Francisco Reynés, presidente de Naturgy / EP

As enerxéticas alertan de que as novas cargas impositivas porán en risco 30.000 millóns en investimentos

20/11/2024 17:34

Estas cargas porán en risco investimentos de 30.000 millóns de euros provenientes do sector privado


Ribera revela que a conexión co Cecopi "pasou a negro" a tarde da DINA

20/11/2024 16:34

A vicepresidenta terceira explicou no Congreso que os respresentantes da Delegación do Goberno, Aemet e a Confederación Hidrográfica do Júcar non puideron participar nas discusións sobre como afrontar a alerta entre as seis e as sete da tarde

Fontes do PP negan que se desconectase a comunicación e din que puido haber un fallo técnico


A enfermidade pulmonar obstrutiva crónica afecta o 12 % da poboación adulta

20/11/2024 15:33

Segundo os expertos, sete de cada dez enfermos están aínda sen dignosticar

Categorías:  España   Galicia   Saúde
Etiquetas:  ENFERMIDADES

En 2025 haberá unha suba nas pólizas dos seguros privados de saúde

20/11/2024 14:55

O aumento atribúese á alta demanda e a sinestralidade

Os consumidores quéixanse das constantes subas de todos os seguros

Etiquetas:  SANIDADE


Os veciños da zona cero da DINA perderon practicamente todos os seus coches

20/11/2024 14:45

137.600 coches foron arrasados pola auga

Na vila de Paiporta máis do 95 % dos vehículos están inoperativos

Etiquetas:  DINA

A vivencia de galegos tras a DINA: "O máis duro foi ver a xente: estaban desorientados, perdidos"

20/11/2024 13:13

23 días despois das inundacións aínda queda moito traballo por facer

Etiquetas:  DINA

Un mozo pasea pola Barceloneta este mércores (EFE/ Enric Fontcuberta)

Vento de 70 km/h en Barcelona provoca caídas de árbores e afecta o tranvía

20/11/2024 12:28

O Concello tivo que activar a primeira hora deste mércores a alerta do plan de actuación polo temporal


Montero di que Mazón terá que asumir responsabilidades xudiciais pola xestión da DINA

20/11/2024 12:23

A vicepresidenta primeira afirma que o presidente da Generalitat Valenciana incorreu nunha "neglixencia manifesta" e que "non está en condicións de seguir levando o temón"


Astete, especialista en saúde mental de Unicef España: "O 41 % dos adolescentes din que tiveron un problema de saúde mental nos últimos doce meses"

20/11/2024 10:27

Segundo os datos que achega o barómetro de opinión de infancia e adolescencia realizado por Unicef, máis do 80 % dos mozos non o falou con ninguén e máis do 50 % non pediu axuda

O 32 % dos mozos que empregaron as redes sociais din que senten moita presión e a necesidade de mostrar unhas vidas perfectas


Alberto Núñez Feijóo no seu escano do Congreso (EFE/Mariscal)

Feijóo contrapón a Mazón fronte ao Goberno: "Eu quedo cos que asumen erros e tentan mellorar"

20/11/2024 10:09

O presidente do Partido Popular di que Mazón "acepta que as cousas se puideron facer mellor", mentres Sánchez "se ausenta" e "promove" a Ribera


Teresa Ribera, este mércores á súa chegada ao Congreso dos Deputados (EFE / Mariscal).

Ribera: "De pouco serve ter toda a información se quen debe responder non sabe como facelo"

20/11/2024 08:05

Ribera revela que a conexión co Cecopi "pasou a negro" a tarde da Dina

A ministra de Transición Ecolóxica defende a súa xestión ante a DINA, "sempre baixo o mando único" da Generalitat

Ester Muñoz (PP): "Fallou vostede na prevención e na emerxencia, non pode levar a súa incompetencia a Europa, non co noso apoio"

Montero di que Mazón terá que asumir responsabilidades xudiciais pola xestión da DINA

Feijóo contrapón a Mazón fronte ao Goberno: "Eu quedo cos que asumen erros e tentan mellorar"


Reuters

Sánchez asegura que a negociación para desbloquear o nomeamento de Ribera avanza

19/11/2024 20:50

Non aclara se os socialdemócratas estarían dispostos a apoiar o comisario proposto por Meloni


A ministra de Facenda di que o plan fiscal do Goberno é necesario para cumprir con Bruxelas

19/11/2024 20:49

O PP acusan o Goberno de "fritir os españois a impostos"


O PP pon na diana a Grande-Marlaska pola xestión da DINA

19/11/2024 20:40

Acúsao de desprotexer a poboación ao non declarar o estado de emerxencia e actuar con máis celeridade



Rafa Nadal, este martes na Copa Davis / Europa Press

Rafa Nadal dá o seu adeus como tenista profesional

19/11/2024 19:54

O balear perde contra o neerlandés Botic van de Zandschulp, mais rodeado por un agarimoso público

Nadal despídese do tenis con dous ouros olímpicos e 92 títulos no su palmarés


A protesta dos agricultores franceses bloquea a fronteira con España. AFP

Agricultores franceses bloquean a fronteira de La Jonquera e saquean camións españois

19/11/2024 19:53

Verteron decenas de miles de litros de viño transportado por estes vehículos

Os protestantes permiten o paso dos turismos, pero non dos camións


Imaxe de arquivo de María Jesús Montero, vicepresidenta e ministra de Facenda  / Europa Press

A comisión do caso Koldo cita a Montero, Puente, Torres e unha asesora da Moncloa

19/11/2024 18:51

Os tres ministros serán interrogados polo Senado nos días previos ao Congreso Federal do PSOE

Segundo o PP, a asesora foi quen fixo xestións para Begoña Gómez coa Complutense

Tamén comparecerá Javier Hidalgo, antigo CEO de Globalia


O Goberno segue negociando cos socios para evitar a derrota na votación do paquete fiscal

19/11/2024 14:58

O PSOE ve posible deseñar un imposto ás enerxéticas que contente a Junts e a Podemos

A Comisión de Facenda aprobou o ditame da lei, pero votou en contra da maioría de impostos propostos polo Goberno


Dous técnicos avalían o estado da ponte de Riba-roja. EFE/Kai Försterling

O Goberno crea un comisionado especial para reconstruír e reparar os danos da DINA

19/11/2024 14:47

Centrará boa parte das súas funcións en facer un seguimento das axudas e anticipos concedidos e en propoñer novas medidas para o desenvolvemento de accións urxentes


Un equipo da TVG acompaña unha patrulla da Policía Local polas zonas desvastadas de Paiporta

19/11/2024 14:30

Os axentes, voluntarios, explicaron que a súa misión é atender os veciños no que necesiten


Peinado rastrexa as contas de Begoña Gómez e reclama ao Rexistro o seu certificado de matrimonio

19/11/2024 12:15

Pedro Sánchez acolle con "absoluta tranquilidade" os novos pasos do xuíz Peinado

Acordou, á súa vez, fixar data para a declaración como investigado de Juan José Güemes. Citouno para o próximo 18 de decembro, ás 11:00 horas, o mesmo día no que ten previsto acudir a propia Begoña Gómez

O empresario Víctor de Aldama pide declarar no caso Koldo e o xuíz cítao para o xoves

A comisión do caso Koldo cita a Montero, Puente, Torres e unha asesora da Moncloa


O Consello de Europa insta a España a que haxa xuízos en linguas cooficiais se unha parte o pide

19/11/2024 12:10

Os ministros subliñan que as linguas cooficiais deberían estar garantidas na educación e o dereito dos cidadáns a interactuaren nesas linguas coa Administración central

A recomendación non avalía se as sentenzas xudiciais que impoñen un mínimo de clases en castelán infrinxen os compromisos de España na protección das linguas minoritarias


Os reis Filipe VI e Letizia durante a súa visita á localidade valenciana de Chiva (EFE/ Kai Försterling)

Os reis visitan Chiva, Utiel e Letur en plena reconstrución e entre fortes medidas de seguridade

19/11/2024 11:40

Filipe VI e a raíña Letizia estiveron acompañados polos presidentes da Generalitat en Valencia e de Castela-A Mancha en Albacete ademais dos ministros de Política Territorial e de Vivenda

O tenente xeneral Francisco José Gan Pampols asume a Vicepresidencia da Recuperación

O Goberno crea un comisionado especial para reconstruír e reparar os danos da DINA

Categorías:  España   Política
Etiquetas:  FILIPE VI   DINA

Desarticulan a organización criminal Narcos do Ceo, que pretendía introducir toneladas de cocaína en Europa

19/11/2024 10:51


Un repartidor de bombonas de butano revisa as bombonas (Carlos Castro - Europa Press)

A bombona de butano encarece un 4,27 % e custará máis de 16 euros

19/11/2024 09:37

Esta revisión bimestral calcúlase en función do custo da materia prima nos mercados internacionais, o custo do transporte e a evolución do tipo de cambio euro-dólar


Comparecencia de Víctor de Aldama ante a comisión non permanente de investigación no Parlament balear, o pasado mes de maio ( Isaac Buj / Europa Press)

O empresario Víctor de Aldama pide declarar no caso Koldo e o xuíz cítao para o xoves

19/11/2024 09:32

De Aldama xa comparecera diante deste maxistrado cando foi detido polo caso Koldo e quedou en liberdade con medidas cautelares

O empresario está en prisión provisional polo caso hidrocarburos

Categorías:  España   Política
Etiquetas:  XUSTIZA   CASO KOLDO

O tenente xeneral Francisco José Gan Pampols asume a Vicepresidencia da Recuperación

19/11/2024 08:57

Esta vicepresidencia créase para centralizar todas as accións do Consell encamiñadas á recuperación e normalización económica e social da provincia de Valencia

Liderou parte da reconstrución de Afganistán e foi director do Centro de Intelixencia das Forzas Armadas


O novo regulamento de estranxeiría permitirá regularizar 900.000 migrantes en tres anos

19/11/2024 08:48

De acordo coa ministra de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, a ordenación farase a través de tres eixes: o emprego, a formación e as redes familiares


Tarefas de limpeza e reencontros familares en Valencia logo da DINA

18/11/2024 21:35

A cifra de vítimas mortais mantense en 219 e os desaparecidos baixan a 11


EFE / Zipi Aragón

O Goberno salva parte do seu paquete fiscal nunha sesión caótica que rematou á medianoite

18/11/2024 19:45

O Executivo comprométese con ERC, Bildu e BNG a prorrogar un ano o imposto enerxético

As medidas, que será votadas este xoves, inclúen o imposto á banca, subir o IRPF para as rendas do capital de máis de 300.000 euros, gravar os vapeadores, subir a tributación do tabaco ou reformar o imposto de sociedades 


Pedro Sánchez, coa súa muller, nunha imaxe con Lula da Silva e a primeira dama do Brasil

Sánchez defende no G20 un imposto global ao patrimonio e anuncia 400 millóns para desenvolvemento

18/11/2024 18:20

O presidente español fixo este anuncio na primeira xornada do cumio que se celebra no Río de Xaneiro

Sánchez tenta concienciar o G20 ante a crise climática tras a DINA en Valencia

Categorías:  España   Política
Etiquetas:  PEDRO SÁNCHEZ   G-20

Mercedes Araújo, actual secretaria xeral adxunta para Asuntos Parlamentarios do Congreso. EFE/Casa da S.M. o Rei

Mercedes Araújo será a primeira muller a cargo da Secretaría Xeral da Casa do Rei

18/11/2024 18:19

A actual secretaria xeral adxunta para Asuntos Parlamentarios do Congreso substituirá en decembro a Domingo Martínez Palomo "despois de décadas de servizo"

Carmen Castiella, actual embaixadora en Paraguai será a nova conselleira diplomática

Categorías:  España   Política
Etiquetas:  CASA REAL

Europapress

Mazón cesa a conselleira de Turismo e Industria, Nuria Montes

18/11/2024 17:57

Montes foi cuestionada polas declaracións sobre as familias das vítimas da DINA

A substituta será Marián Cano García

Feijóo avisa a Mazón de que "xa non caben máis erros" e esíxelle "volver gañar a confianza"

 

Categorías:  España   Política
Etiquetas:  DINA


O avogado Gonzalo Boye sae da Audiencia Nacional como acusado. EFE

Un xefe policial declara que Boye dirixiu trámites de branqueo para o narco Sito Miñanco

18/11/2024 16:54

A Fiscalía solicita 9 anos e 9 meses de prisión para o avogado por supostos delitos de branqueo e falsificación documental

Gonzalo Boye asegura que é "unha montaxe con claras motivacións políticas" e que está nesta situación por "facer o meu traballo como avogado"

Publicidade
Publicidade