Publicador de contidos
Publicador de contidos

Montero di que Mazón terá que asumir responsabilidades xudiciais pola xestión da DINA

Montero di que Mazón terá que asumir responsabilidades xudiciais pola xestión da DINA

A vicepresidenta primeira afirma que o presidente da Generalitat Valenciana incorreu nunha "neglixencia manifesta" e que "non está en condicións de seguir levando o temón"

G24.gal 20/11/2024 12:23

A vicepresidenta primeira e ministra de Facenda, María Jesús Montero, advertiu este mércores no Congreso que a xestión da DINA dirimirase nos tribunais, porque "houbo neglixencia manifesta" por parte do presidente da Generalitat Valenciana, Carlos Mazón.

Así llo trasladou á bancada do PP nunha interpelación no Congreso. "É que isto se vai dirimir con responsabilidades políticas, e escóiteme, con responsabilidades xudiciais. Porque aquí houbo neglixencia manifesta", remarcou Montero.

A vicepresidenta primeira afirma que os dirixentes valencianos do PP "terán que comparecer e explicar desde a Generalitat Valenciana onde estivo cada quen, que aínda non o explicaron", en referencia á ausencia de Mazón no comité de emerxencias.

Montero cargou contra Mazón por non asumir responsabilidades e sinalou que, "alguén que non aprendeu nada, non está en condicións de seguir levando o temón".

Segundo a vicepresidenta, o PP non sabe xestionar as catástrofes "e cando se ve descuberto, recorre ao bulo, a mentira, a desinformación ou culpabilizar calquera outro menos asumir responsabilidades" como fixo, lembrou, coas crises do 11M, o Yak42 ou o Prestige.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade