O tenente xeneral Francisco José Gan Pampols asume a Vicepresidencia da Recuperación
O tenente xeneral Francisco José Gan Pampols asume a Vicepresidencia da Recuperación
Esta vicepresidencia créase para centralizar todas as accións do Consell encamiñadas á recuperación e normalización económica e social da provincia de Valencia
O tenente xeneral do Exército de Terra Francisco José Gan Pampols asumirá a Vicepresidencia do Goberno valenciano para a Recuperación Económica e Social tras a DINA do pasado 29 de outubro, segundo anunciou a Generalitat nun comunicado.
Esta vicepresidencia, anunciada polo president da Generalitat Carlos Mazón na súa comparecencia en Les Corts o pasado venres, créase para centralizar todas as accións do Consell encamiñadas á recuperación e normalización económica e social da provincia de Valencia e en especial nos municipios afectados pola riada.
O novo vicepresidente terá entre as súas funcións o deseño dun plan de recuperación e a coordinación dos labores de reconstrución das zonas afectadas, e tamén o desenvolvemento dun plan de protección para afrontar posibles catástrofes naturais que supoñan riscos para a poboación.