Publicador de contidos
Publicador de contidos

O medo a que colapse a rede de saneamento obriga a tomar medidas en Valencia

O medo a que colapse a rede de saneamento obriga a tomar medidas en Valencia

Pídenlles aos veciños que non boten a lama nos sumidoiros pola súa conta, que o deixen nas mans dos especialistas

Acaban de incorporar 120 camións aos traballos de limpeza

G24.gal 18/11/2024 14:31

Dende o centro de coordinación organízanse cada mañá os equipos de emerxencias. Hai que coller forzar porque queda moito traballo por facer. Preocupa especialmente a retirada de lodos. Están vendo que xa hai moitos problemas coa rede de saneamento. De aí o chamamento que fan á poboación, para que non os retire pola súa conta e que o fagan baixo supervisión. Din que se hai de novo chuvias fortes poderían provocarse encoramentos. Por iso 120 camións incorpóranse aos labores de limpeza.

Nesta fase de volta á normalidade cadaquén achega o que pode. Arranxar picadas de rodas en medio da emerxencia ata podería parecer anecdótico, pero os talleres que hai na contorna non dan feito. Por iso nun punto habilitado reparan máis de medio cento ao día, para que as emerxencias poidan seguir traballando.

A axuda tampouco coñece de fronteiras, como é a do grupo de once rescatadores mexicanos, coñecido como Topos Azteca, dispostos a quedar na zona, ata que os afectados o necesiten.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade