Publicador de contidos
Publicador de contidos

Massanassa intenta recuperar a normalidade e agradece o labor do voluntariado

Massanassa intenta recuperar a normalidade e agradece o labor do voluntariado

Alumnos da Escola da Policía Nacional de Ávila limpan as rúas

Os bombeiros desaloxaron unha casa nas últimas horas

Un home que estivo desaparecido tres días rememora o vivido

 

G24.gal 17/11/2024 14:48 Última actualización 17/11/2024 15:13

Alumnos da Escola da Policía Nacional de Ávila sumáronse aos labores de limpeza en localidades coma Massanassa. En total, uns mil estudantes están desprazados na zona cero da catástrofe da DINA.

Situada á beira do barranco del Poyo, esta localidade viuse anegada en poucos minutos. A tromba de auga irrompeu en baixos e garaxes e mesmo levou fachadas enteiras.

"Tirou os tabiques, saía a lavadora, a neveira todo", di unha muller.

"Todos quedamos sen coches, os baixos, nós a empresa... todos tivemos perdas", comenta outra persoa.

As primeiras conversas entre veciños volven este domingo á rúa, co vivido o día 29 de outubro e os seguintes moi presente.

"Pasei tres días perdido no coche, sen auga, sen comida e sen cobertura (...) Pensando na familia, moi mal", conta un home.

"Pensei que non o viamos máis", di a muller.

Brigadas de voluntariado percorren as rúas ofrecendo a súa axuda casa por casa. Nas últimas horas, os bombeiros desaloxaban unha vivenda polos danos que presenta a súa estrutura.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade