Cargando resultados...
Soben a 227 as vítimas mortais pola DINA e 13 persoas seguen desaparecidas
Soben a 227 as vítimas mortais pola DINA e 13 persoas seguen desaparecidas
Este domingo localizaron o corpo sen vida dun home no municipio de Riba-roja
Labores de busca no barranco do Poio este domingo. EFE/Villar López
G24.gal
17/11/2024 08:34
Última actualización 17/11/2024 21:02
O número de vítimas mortais pola DINA do 29 de outubro elévase a 227, tras a localización este domingo do corpo sen vida dun home no municipio de Riba-roja, en Valencia.
De acordo co último reconto oficial do Centro de Integración de Datos (CID), trece persoas continúan desaparecidas.
Segundo fontes da Garda Civil, o Grupo de Reserva e Seguridade topou o cadáver no barranco do Poio e o Grupo de Rescate Especial de Intervención de Montaña colaborou na súa recuperación.
Do total de falecementos, 219 producíronse na Comunidade Valenciana, sete en Castela-A Mancha e un en Andalucía.
Coche sepultado en Algemesí este viernes. EFE/Villar López