Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tarefas de limpeza e reencontros familares en Valencia logo da DINA

Tarefas de limpeza e reencontros familares en Valencia logo da DINA

A cifra de vítimas mortais mantense en 219 e os desaparecidos baixan a 11

G24.gal 18/11/2024 21:35

A cifra de vítimas mortais rexistradas por mor da DINA e as inundacións posteriores que afectaron á provincia de Valencia mantense en 219, mentres que a de desaparecidos é 11, dúas menos que onte, segundo o último balance oficial do Centro de Integración de Datos (CID).

Vinte dias depois continúan os traballos de limpeza e aínda hai reencontros familiares. En Alfafar dous irmáns podían abrazarse de novo mentres os seus veciños lembraban os días que pasaron illados, sen comer, sen poder sair das casas, incomunicados.

Historias de incomunicacións que superaron, segundo nos contaron, grazas ao traballo dos voluntarios. Ata douscentos pasaron polas súas vivendas. Inmobles que xa non teñen lodo pero que están destrozadas porque como explican a auga chegou a ter alí más e tres metros de altura.
As tarefas de limpeza nas localidades afectadas non cesan co temor de que o lodo colapse a rede de saneamento se regresan as chuvias. José María Castrillo, Director PMA emerxencias, explica que os cidadáns non deben encher os sumidoros para evitar que se colpasen.

Din que deben deixar traballar aos profesionais, e que 120 camións máis sumaronse as tarefas de limpeza. Alguns bombeiros aseguran que comezan a ver un pouco de luz nas rúas, nas vivendas e nos parques infantís. Tamén algúns negocios abriron a persiana. Son luces que comezan a acenderse nunha dura e longa fase de volta á normalidade 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade