Publicador de contidos
Publicador de contidos

Desartellada unha organización criminal que asasinou un home en Cataluña

Desartellada unha organización criminal que asasinou un home en Cataluña

Hai catorce detidos, entre eles, o líder da organización criminal

A rede, ao parecer, dedícase ao narcotráfico e está relacionada co cártel mexicano de Sinaloa

A vítima, un home de 46 anos, apareceu morta nun monte de Tarragona

G24.gal 17/11/2024 14:58 Última actualización 17/11/2024 15:20

Os Mossos d'Esquadra e a Policía Nacional acaban de desartellar unha perigosa organización criminal vinculada ao cártel mexicano de Sinaloa polo presunto secuestro e asasinato dun home en Cataluña. Hai catorce detidos, a maioría de nacionalidade mexicana. 

Segundo a investigación, a familia da vítima denunciou en xuño que secuestraran o home en Barcelona e que pedían un rescate de 240.000 euros. No mes de agosto, o corpo do varón apareceu nunha zona boscosa de Tarragona con indicios de violencia.

Supostamente, a vítima, de 46 anos, traballaba para a organización e viaxara dende Italia para xuntarse cos líderes da rede criminal.

Na operación rexistráronse varios inmobles na cidade condal e localizouse un laboratorio de metanfetaminas. Ademais, incautáronse de armas de fogo, cartos e material tecnolóxico. Entre os detidos figura o presunto líder da organización criminal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade