Publicador de contidos
Publicador de contidos

O novo regulamento de estranxeiría vai permitir regularizar 900.000 migrantes en tres anos

O novo regulamento de estranxeiría vai permitir regularizar 900.000 migrantes en tres anos

De acordo coa ministra de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, a ordenación farase a través de tres eixos: o emprego, a formación e as redes familiares

G24.gal 19/11/2024 08:48 Última actualización 19/11/2024 13:36

O Consello de Ministros aprobou este martes unha ampla modificación do regulamento de estranxeiría coa que promete facilitar vías de migración ordenada, legal e segura a través do emprego, a formación e as redes familiares, ademais de simplificar a burocracia nesta materia.

O regulamento reduce prazos e simplifica requisitos para regularizar a migrantes que viven en España sen papeis, do que poderían beneficiarse unhas 300.000 persoas cada ano nos próximos 3 anos, un total de 900.000 migrantes.

Así o sinalou a ministra de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, Elma Saiz, na conferencia de prensa posterior ao Consello de Ministros, no que detallou os principais cambios da que cualificou como "a reforma máis integral e ambiciosa" deste texto desde que entrou en vigor, hai 13 anos.

Entre as súas novidades, esta modificación reduce o tempo de permanencia en España necesario para acceder ás figuras de arraigamento de 3 a 2 anos, establece que todos os visados terán unha duración inicial dun ano, incorpora mecanismos de protección para os traballadores migrantes de tempada e reforza o reagrupamento familiar

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade