Publicador de contidos
Publicador de contidos

Milleiros de venezolanos celebran a "Festa da Chinita" en Ourense

Milleiros de venezolanos celebran a "Festa da Chinita" en Ourense

Honraron a Virxe de Chiquinquirá, patroa da rexión de Maracaibo

Houbo música e gastronomía tradicionais de toda Venezuela

 

Andrés Pavón/Javier Mangana 10/11/2024 18:39

Tamunanque, merengue, bambuco ou bachata. Toda a música tradicional e popular venezolana se desfrutou en Ourense na festa da Chinita, unha celebración relixiosa que os venezolanos residentes en Galicia organizaron na cidade das Burgas como motivo para xuntarse.

"É unha festa que xa a tomamos todos e así xuntámonos".

"Esta xa é unha festa ourensá. Dos venezolanos pero tamén ourensá".

A gastronomía do país caribeño estivo moi presente e non quedou prato típico que non degustaran os asistentes. Hoxe en día é doado conseguir os ingredientes, algo que non acontecía hai poucos anos.

"Leva pan de xamón e xamón asado. E a iaka está feita con folla de plátano e un guiso por dentro".

"Este é un queixo venezolano que facemos nós en Galicia".

A festa da Chinita é orixinaria da rexión de Maracaibo pero os venezolanos da diáspora celébrana con intensidade sexa cal sexa a súa procedencia e tamén acollen os veciños doutra orixe que queiran acompañalos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade