Comezan as obras de rehabilitación do firme na conexión entre a A-6 e a A-8 en Begonte
Comezan as obras de rehabilitación do firme na conexión entre a A-6 e a A-8 en Begonte
Os traballos realizaranse en horario diurno durante tres semanas e poderían provocar cortes de tráfico en ambas as vías
O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible inicia este xoves, 21 de novembro, as obras de rehabilitación de firme das vías que conforman a ligazón de conexión entre as autovías A-6 e A-8, coñecida como ligazón de Baamonde, entre os quilómetros 521 e 523 da A-6, no termo municipal do Begonte, na provincia de Lugo.
A duración prevista para a execución destes traballos, que poderá variar en función das condicións climáticas, é de tres semanas. Realizaranse en horario diúrno, entre as 08:00 e as 18:00 horas, de luns a venres. As fins de semana e festivos non se producirán afectacións ao tráfico.
A partir deste xoves ás 08:00 horas será necesario efectuar cortes totais dos ramais de conexión entre ambas as autovías. A actuación executarase en catro fases, de modo que en cada unha delas só se vexa afectado un dos movementos de conexión entre ambas as vías.
As actuacións previstas terán por obxecto principal a rehabilitación do firme das vías colectoras da autovía A-6 e dos distintos ramais de conexión entre vías, a fin de mellorar o seu estado xeral de conservación e incrementar as condicións de seguridade viaria.
Esta actuación está incluída dentro das obras de emerxencia para a reparación de firmes na A-6 e A-8 nesta provincia, que ten un importe aproximado de 7,5 millóns de euros (IVE incluído).