Os socialistas galegos poñen como referente a Ribeira de Piquín fronte ao despoboamento
Lara Méndez, secretaria de Organización do PSdeG, destacou proxectos como a recuperación da piscifactoría, a posta en marcha da explotación do porco celta, o impulso do polígono agroecolóxico ou a recuperación da vella gasolineira como inciativas para fixar poboación no rural
Os socialistas galegos destacan como exemplo para os concellos pequenos as iniciativas de Ribeira de Piquín contra o despoboamento. Lara Méndez, secretaria de Organización do PSdeG, visitou o concello nunha xornada de transferencia de boas prácticas con alcaldías asturianas.
Salientou proxectos como a recuperación da piscifactoría, a explotación de porco celta, o impulso do polígono agroecolóxico co cultivo de kiwis ou a posta en marcha da vella gasolineira.
A deputada autonómica criticou os impedimentos administrativos e burocráticos que lles pon a Xunta, dixo, aos concellos.
Durante a visita compartiu uns momentos con membros da ONG Rescate e as persoas refuxiadas que participaron na localidade durante os últimos meses no seu programa de atención humanitaria.
O alcalde socialista de Ribeira de Piquín, Roberto Fernández, salientou que os proxectos da localidade para a súa dinamización non son unha aposta teórica, senón práctica e insta a Xunta a que asuma as súas competencias e promova iniciativas deste tipo para evitar o abandono no rural e xerar riqueza e emprego.
Despois os alcaldes e alcaldesas asturianos, a maior parte integrados na Reserva da Biosfera do ría do Eo, Oscos e Terras de Burón visitaron os proxectos galegos.