Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha sidrería de Oviedo paga 10.100 euros na poxa polo "campanu"

Unha sidrería de Oviedo paga 10.100 euros na poxa polo "campanu"

O primeiro salmón da tempada, capturado o Xoves Santo e vendido en Salas, pesaba case sete quilos e medía 83 centímetros de longo

O comprador do campanu na poxa e o pescador do salmón no Narcea co exemplar
G24.gal 19/04/2025 19:21

Unha sidrería de Oviedo fíxose por 10.100 euros co campanu, o primeiro salmón que se pesca nos ríos asturianos cada tempada. Deu un peso de case sete quilos e vendeuse esta sábado na tradicional poxa en Salas, na que participaron trece restaurantes e na que se impuxo a sidrería "La Finca" de Oviedo.

Non superou a marca do salmón do ano pasado, de 8,2 quilos, polo que un local madrileño desembolsou 19.300 euros. O propietario do salmón, satisfeito polo resultado, capturouno o xoves Santo con cebo natural no río Narcea en Pravia.

Menos salmóns

O campanu  vendido este sábado foi o máis tardío en saír ata o de agora en Asturias, xa que habitualmente adóitase pescar o primeiro día que se abre a veda de pesca con morte, pero nesta ocasión pasaron catro días hábiles de pesca sen que o lograse ningún dos centos de pescadores que se congregan nas ribeiras dos ríos asturianos na tempada de salmón.

O número de capturas de salmón nos ríos de Asturias, incluíndo o Eo, fronteirizo con Galicia, rexistrou un descenso nos últimos anos, nos que a cifra total viuse reducida desde os 2.800 exemplares capturados en 2001 aos 1.134 pescados quince anos despois, cifra que aínda seguiu diminuíndo ata os 376 na última tempada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade