A Mostra do Encaixe de Camariñas fai 34 anos mantendo viva a tradición
A cuarta xornada da Mostra do Encaixe comezou cun encontro interxeracional de palilleiras locais
Tamén participaron palilleiras chegadas de países coma A Arxentina, Portugal, Polonia ou Italia
No desfile de grandes firmas participan 10 marcas de moda
Co encontro de palilleiras comezou a cuarta xornada da Mostra do Encaixe. Artesás coma elas son as que mantiveron viva esta tradición centenaria, á que lle renden homenaxe en Camariñas desde hai 34 anos
"Saïamos da escola e como non había televisión nin nada, palillabamos na casa", di unha palilleira que participa na Mostra
A tradición segue moi viva. O que antes se herdaba na casa, hoxe apréndese tamén nas escolas municipais de encaixe.
"Con esas cousas podo facer pulseiras, colares e cousas para roupa", di unha alumna
"Empecei a palillar fai tres anos", comenta outro alumno
"Fixen pendentes e estou facendo agora un cinto", di unha alumna
"Animei a miña neta a que aprenderan na escola, ainda que eu lle aprenda tamén algo"
"O Concello ten escolas de palillo e de picados, e agora non é coma antes, que che aprendía túa nai ou se non non sabías", di unha pailleira.
A mostra de Camariñas serve de punto de encontro entre as artesás locais e palilleiras doutras partes do mundo, como A Arxentina, Bulgaria, Hungría, Portugal, Polonia ou Italia.
"Veño de Trápani, Italia. O meu encaixe é un encaixe no que traballo a partir de deseños meus cunha impronta contemporánea"
No desfile de grandes firmas participan dez marcas que levan anos incorporando o encaixe nos seus deseños e dándolle visibilidade nas pasarelas internacionais.