Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cada vez máis cidades buscan evitar a masificación turística cobrando unha taxa aos visitantes

Cada vez máis cidades buscan evitar a masificación turística cobrando unha taxa aos visitantes

Venecia cobra cinco euros por día de visita, dez euros se o ticket non se merca con reserva anticipada

Alemaña, Francia, Portugal ou Países Baixos cobran taxa turística aos visitantes

A Coruña e Santiago están valorando a posibilidade de cobrar unha taxa aos turistas

G24.gal 18/04/2025 14:07

Desde hoxe, Venecia volve cobrar unha taxa de entrada aos turistas. Recupera o imposto ata xullo. Pasar o día na cidade dos canais custa cinco euros se se reserva con antelación, dez se se fai no momento. A taxa turística, que busca controlar o turismo masivo e recadar cartos para reinvestir nas cidades máis visitadas, está cada vez máis estendida.

En prácticamente a metade de todos os países da Unión Europea hai que pagar unha taxa turística por visitalos. Por exemplo, en Francia, Italia, Alemaña, Países Baixos. Tamén en Portugal. Moitos deses lugares elixen cobrarlle ao turista ese imposto no momento no que pagan nos hoteis. Outros prefiren cobralo nos aeroportos, no momento no que se entra ou sae do país. Tamén existe a taxa turística fora de Europa. Hai que pagala nos Estados Unidos, no Xapón ou en Tailandia.

Visitan Venecia uns trinta millóns de turistas cada ano. A maioría están só un día na cidade. Eses son os que teñen que pagar a taxa turística. Dez euros se se paga no momento, cinco se se reserva con antelación. O pasado ano, a cidade recadou dous millóns e medio de euros co imposto aos visitantes. París tamén cobra ata quince euros por noite a cada turista, dependendo da categoría do aloxamento. Portugal, un euro. En Amsterdam incrementan o prezo por noite un doce por cento. Cada vez máis cidades, en todo o mundo, deciden cobrarlle ás visitas.

Barcelona tamén cobra ata quince euros por noite. En Baleares hai tamén taxa turística. Santiago ou A Coruña están pensando tamén en incrementar o prezo das pernoctas. A idea é fomentar un turismo máis sustentable e financiar melloras nas cidades con eses cartos.

O detabe sobre se as cidades deben ou non cobrar taxa turística ou sobre se é eficaz para mellorar o estado do turismo está aberto desde hai tempo xa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade