Publicador de contidos

Publicador de contidos

Amaina a febre por cambiar de móbil por medo a unha suba de prezos

Amaina a febre por cambiar de móbil por medo a unha suba de prezos

Reláxase o medo polos aranceis

Facer acopio de produtos antes que suban de prezo xa non é unha prioridade para os consumidores
 

Moitas empresas fixeron acopio de dispositivos móbiles para atender a un previsible aumento da demanda antes dunha suba de prezos
G24.gal 17/04/2025 15:06

Saimos á rúa e preguntamos se os vaivéns das políticas arancelarias están modificando os comportamentos á hora de mercar produtos tecnolóxicos por medo a que suban de prezo. A resposta foi contundente.

"Non, non me preocupa nada a suba dos prezos, non teño pensado cambiar de móbil nin de nada".

"De momento non".

"Non entra nos meus plans".

"Eu polo momento non, a verdade é que non".

"Me podería permitir a suba de aranceis sen ningún problema".

"Claro que me preocupa que suban os prezos pero me preocupa máis a política que estamos sufrindo todos xuntos".

Moitos consumidores manifestan confianza en que finalmente a situación dos aranceis vaise normalizar

"Entendo que os aranceis están subindo dunha maneira desorbitada e non creo que ao final o sangue chegue ao río, que cheguen os aranceis cheguen a subir tanto como para que un móbil, como din nos Estados Unidos ou que nos vai custar outros mil euros máis un Iphone, non creo".

"Imaxino que todo se normalizará."

"Imos agardar un pouco a ver como se desenvolven as cousas, como van as cousas".

"E volverá todo á normalidade".

O crecemento fóra do normal que estaba experimentando o mercado de todo o que ven co tecnolóxico está empezando a relaxarse. Os consumidores están deixando de obsesionarse coas anunciadas subas dos prezos. Acúsase xa a fatiga pola montaña rusa á que está subida a política arancelaria nestes últimos meses.

"Non teño nin idea do que vai pasar, do que vai subir do que non".

"Pois eu o que estou pensando é que se vaian os políticos directamente, xa non me interesa ningún, nin os uns, nin os outros, nin os do medio".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade