O Mercado de Abastos de Santiago abre as súas portas este Xoves Santo
Moitos turistas aproveitaron a ocasión para visitar os postos da praza compostelá
O mercado é segundo lugar máis visitado de Santiago, tras a catedral
Este Xoves Santo o Mercado de Abastos de Santiago abriu as súas portas e moitos turistas aproveitaron a ocasión para visitalo. Quedan sorprendidos coas instalacións e cos produtos.
"Sorprenden as verduras, o tamaño, a calidade... Realmente, estou marabillado", di un turista.
Ademais dos turistas, algúns clientes de aquí tamén se achegaron á praza para facer a compra neste día festivo.
"Son unha persoa que profesionalmente non me podo permitir vir á praza de abastos e levanteime hoxe con moitísimas ansias de vir aquí, gozar das compras e pasalo ben", asegura un veciño.
"Vin á compra por un pouquiño de peixe e verduras porque é o mellor que hai", salienta unha clienta.
Iso de que é o mellor que hai deben telo bastante claro os turistas porque o Mercado de Abastos é o segundo lugar máis visitado da cidade, despois da catedral.