O tirón da Ribeira Sacra fai que se encha de turistas durante esta Semana Santa
Os miradores cara os canóns do Sil, o mosteiro de Santa Cristina e paseos en catamarán son atractivos para o visitante
O tirón da Ribeira Sacra fai que concellos como Parada de Sil estean a piques de igualar o número de habitantes co de prazas hoteleiras. Pequenos hostais, cabanas, casas de turismo rual, hospedaxes ou bungalos completan as case cincocentas prazas hoteleiras neste pequeno concello. Destino que elixen turistas con distinas procedencias.
Os miradores cara os canóns do Sil, o mosteiro de Santa Cristina, paseos en catamarán son atractivos para o visitante ,completados con ofertas entre a gastronomía e a cultura como pode ser o museo do chocolate, recen incorporado a guía museística de Galicia.
Tamén na Ribeira Sacra buscan fixar poboación todo o ano. Recentemente recuperaron unhas antigas palleiras en Fonde Vila que agora acollen a seis familias.
Agárdase que refrende a Ribeira Sacra como punto de atración turística a agardada declaración de patrimonio da Unesco.