Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Semana Santa de Sevilla recupera a 'madrugá', a súa procesión máis icónica

A Semana Santa de Sevilla recupera a 'madrugá', a súa procesión máis icónica

Foi un éxito de participación, con máis de 15.000 nazarenos

O ano pasado tiveran que cancelala pola choiva

G24.gal 18/04/2025 14:17

Sevilla recuperou a súa 'madrugá', con todo o esplendor. Co fondo das saetas, pasada a medianoite, foron saíndo dos templos as seis confrarías.

Un dos momentos máis agardados foi a saída da virxe da Macarena, principal devoción da cidade.

Foron 12 os pasos que percorreron esta noite as rúas de Sevilla, escoltados por 15.000 nazarenos. 

Algunhas irmandades desfilaban en silencio como a do Calvario ou o Gran Poder. E outras entre mostras de efusión, como a choiva de pétalos ao paso da Esperanza de Triana, polo seu barrio. Foron moitas horas de emocións, xa que algúns pasos regresaron ás igrexas ao mediodía.

Máis de 12 horas de procesión de Interese Turístico Internacional.  Sevilla resarciu así a Semana Santa de 2024, que quedara borrada pola choiva. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade