As diferencias de temperatura e presión forman unha manga mariña en Oia
O remuíño formouse no Atlántico e foi desprazándose ata o faro de Cabo Silleiro, onde terminou por desaparecer
Apenas durou tres minutos e non se adentrou en terra firme, polo que non causou ningún tipo de dano

O paso da fronte que varreu Galicia deixou tamén unha imaxe que impacta: a dunha manga mariña, captada en Oia. Un remuíño de auga impresionante, subindo desde o mar ata as nubes, que fixo parar a moitos para mirar cara ao ceo, entre a sorpresa e o respecto pola forza da natureza.
Este fenómeno foi ocasionado polas diferencias de temperatura e presión. As mangas mariñas son tornados que se forman no mar. O remuíño formouse no Atlántico e foi desprazándose ata o faro de Cabo Silleiro, onde terminou por desaparecer.
Apenas durou tres minutos e non se adentrou en terra firme, polo que non causou ningún tipo de dano.