Publicador de contidos

Publicador de contidos

As boas temperaturas animaron a achegarse ás praias ou a pasar a tarde de terraceo

As boas temperaturas animaron a achegarse ás praias ou a pasar a tarde de terraceo

Neste primeiro domingo de abril superáronse os vinte graos nalgúns puntos de Galicia

O tempo solleiro animou a moitos a gozar de actividades ao aire libre

G24.gal 06/04/2025 21:20 Última actualización 06/04/2025 21:48

En moitos puntos de Galicia impúxose o tempo primaveral neste primeiro domingo de abril. Aínda que por momentos as nubes non nos permitiron ver un ceo completamente azul, nalgunhas zonas superáronse os vinte graos.  

O tempo solleiro e as boas temperaturas animaron a moitos a gozar de actividades ao aire libre.

"Mellor o sol que tanta chuvia, xa estamos fermentados de tanta auga", "nótase que a xente xa tiña gañas de saír á rúa", din algunhas persoas.

Algúns acudiron aos areais para desfrutar por fin dun baño, refrescante, iso si; outros preferiron os paseos, pasar a tarde de terraceo ou degustar os primeiros xeados da temporada.

"Está boísimo e o día estupendo", "a xente aproveita esta situación para saír ás terrazas", "estase ben, nin moito frío nin moita calor", destacan outros transeúntes.

Outros preferiron desfrutar da sensación primaveral de tombarse na herba ou simplemente sentar nun parque a ver a tarde pasar...

Segundo as previsións, a semana vai comezar con tempo solleiro e con temperaturas máis que agradables para poder seguir a gozar deses pequenos praceres.   

"Estamos paseando e celebrando a vida", engade outra muller.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade