Día Mundial da Empanada, que admite todo tipo de recheos
Trátase dun prato universal, moi apreciado porque se pode facer con moitos produtos, tanto salgados coma doces, e mesmo hai variedades vexetarianas
A empanada ten unha longa historia detrás e un futuro prometedor. Naceu para aproveitar os restos de comida e proxéctase coma un prato con moitas posibilidades.
Explica Daniel Castro, un dos propietarios dunha pastelería de Foz, que cando se utiliza "unha boa materia prima, mellor resultado de produto hai".
Hai variedades para todos os gustos. Desde as máis clásicas de atún ata as de produtos de temporada. Tamén as hai vexetarianas.
Entre outras novidades, Mara Castro, membro da familia de Foz que ten un establecemento no que fan 45 variedades, apunta a "de carne, rolo de cabra e cebola caramelizada ou a de zorza con castañas".
A empanada admite todo tipo de recheo. Poida que sexa a razón do seu éxito.É tan universal, que ata ten un día dedicado a ela.