Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha torta de dous monfortinos recibe un premio no Salón Gourmets

Unha torta de dous monfortinos recibe un premio no Salón Gourmets

O xurado valorou a presentación do envase, que consiste nunha caixa plana, que semella un agasallo e que vai ilustrada cunha flor da amendoeira

A receita orixinal da torta foi cambiando ata que deron cos ingredientes axeitados
G24.gal 14/04/2025 20:29 Última actualización 14/04/2025 21:03

A elaboración é sinxela, pero secreta. Os autores da torta son dous monfortinos que apostaron por este doce e con el se presentaron no Salón Gourmets.

Con todo, o que máis chamou a atención do xurado foi o envase. Xa conseguiron entrar no mercado de tendas de produtos escollidos.

Explica Beatriz Franjo, autora da receita, que cando deseñaron o envase tentaron que a caixa semellara un regalo "e que non houbera que empaquetar". 

A receita orixinal da torta foi cambiando ata que deron cos ingredientes axeitados. Leva "ingredientes naturais, como améndoa e chocolate belga", comenta Beatriz Franjo.

E todo iso, presentado nunha caixa con forma de agasallo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade