Publicador de contidos

Publicador de contidos

Prisión para o home que circuncidou o bebé falecido en Almería

Prisión para o home que circuncidou o bebé falecido en Almería

Os pais quedan en liberdade provisional, investigados por homicidio imprudente

A intervención realizouse sen condicións hixiénicas nin cualificación profesional

O bebé faleceu por unha grave hemorraxia
G24.gal 15/04/2025 09:19 Última actualización 15/04/2025 16:45

Un xulgado de Almería decretou este luns prisión provisional, comunicada e sen fianza para o home que practicou unha circuncisión a un bebé de 40 días na vivenda familiar, tras a que o neno faleceu.

O home carece da cualificación profesional necesaria para este tipo de intervencións e realizou a operación sen as condicións hixiénicas mínimas, segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía (TSXA).

Pola súa banda, os pais do menor quedaron en liberdade provisional. Están a ser investigados, xunto co detido, por un presunto delito de homicidio imprudente. O pai puido declarar ante a xuíza, pero a nai non estaba en condicións físicas de facelo.

Ambos teñen prohibido saír do país, deberán presentarse no xulgado os días 1 e 15 de cada mes e quedaron suxeitos a medidas cautelares.

O bebé faleceu por unha grave hemorraxia

Os feitos ocorreron o domingo na vivenda da familia, de orixe maliense, situada en Roquetas de Mar. Tras a intervención, o bebé sufriu unha grave hemorraxia e foi trasladado polos seus pais ao centro de saúde do municipio.

O menor ingresou no centro sanitario arredor das 21:00 horas, pero o persoal médico non puido facer nada por salvarlle a vida.

A investigación continúa aberta e non se descarta a adopción de novas dilixencias se se detectan máis casos ou persoas implicadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade