Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aprobada a lei que sobe de 14 a 16 anos a idade para poder acceder ás redes sociais

Aprobada a lei que sobe de 14 a 16 anos a idade para poder acceder ás redes sociais

O 94 % de menores entre os 10 e os 15 anos navega por Internet e sete de cada dez teñen teléfono móbil, segundo datos do INE

O Goberno aprobou o proxecto de lei de protección de menores na contorna dixital, que comeza o seu trámite parlamentario

A lei tamén castiga o contido sexual de menores creado con intelixencia artificial e agrava o delito de grooming

G24.gal 29/03/2025 13:24 Última actualización 29/03/2025 14:39

Unha das medidas principais do proxecto de lei de protección dos menores na contorna dixital é o incremento da idade para poder ter unha conta nas redes sociais, que, segundo establece o proxecto de lei aprobado esta semana polo Goberno, vai pasar de 14 anos a 16. 

"Aumentar a idade vainos dar unha marxe educativa tanto para as familias coma para os nenos, e poder facer un uso máis responsable, xa que a maior idade, maior maduración cerebral, o que incrementa a probabilidade de tomar decisións máis acertadas", asegura Adriana Rodríguez Millán, psicóloga especializada na adolescencia.

Segundo unha enquisa recente, o 74 % dos adolescentes recoñece que estivo exposto a algún dos riscos de Internet: entre eles o acceso a información errónea, a contidos de odio ou violencia e a contidos sexuais explícitos, ou a ciberacoso e a acoso sexual.

Ademais, o uso excesivo das redes sociais relaciónase con menores niveis de autoestima e maior risco de depresión.

"Recentemente saíron estudos que din que o uso excesivo das redes sociais e do mundo dixital en xeral provoca estados de ánimo deprimidos, non só polos contidos, senón tamén pola soidade e o sedentarismo", explica Adriana Rodríguez Millán, psicológa especiazada na adolescencia.

A lei converterá en delito a difusión de imaxes falsas de contido sexual xeradas con intelixencia artificial, e endurecerá o castigo por grooming, cando un adulto con identidade falsa engana menores para cometer violencia sexual.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade