Contido coa etiqueta menores .

Contido coa etiqueta menores .

Menores

Postos en liberdade os avós e os tíos do neno de dous anos morto en Francia en 2023

27/03/2025 09:25

A posta en liberdade chegou tras longos interrogatorios individuais, de 17 horas no caso da avoa, cos catro familiares sempre separados para evitar que falasen entre si, detallou o avogado da avoa do pequeno


A lei obrigará a que os novos dispositivos dixitais leven pin parental por defecto

25/03/2025 13:43

O Código Penal castigará o uso da IA para crear imaxes sexuais ou vexatorias

Este control parental que virá de fábrica será gratuíto e fácil de manexar e incluirá unha etiquetaxe que explique os perigos e riscos potenciais dun uso inadecuado destes produtos e os seus efectos para o desenvolvemento físico, mental e moral dos menores


Unha nai denuncia a agresión de tres compañeiros de clase á súa filla nun colexio de Lugo

16/03/2025 20:56

O incidente ocasionoulle múltiples traumatismos e unha lesión nas cervicais das que foi atendida no hospital

Na denuncia, a menor asegura que dous profesores non fixeron nada para impedilo a pesar de que supostamente os avisou de que a estaban agredindo



Andrés Rodríguez/Europa Press

Internamento en réxime pechado para os menores que mataron unha educadora en Badaxoz

11/03/2025 10:17

As dilixencias xudiciais abertas séguense polos presuntos delitos de homicidio, roubo con violencia e contra a seguridade viaria, informaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Estremadura (TSXEs)


Foto de arquivo/Europa Press

Aprobada a lei que prohibe beber e vender alcol en colexios e outros lugares con menores

10/03/2025 19:08

A futura lei prohibirá o consumo a todas as persoas en centros docentes, espazos deportivos, de lecer ou dedicados a espectáculos públicos que se concibiron expresamente para eles

Non se poderá emprazar publicidade de bebidas por encima de 0,5 graos na vía pública nun radio de 150 metros de centros educativos, centros sanitarios, de servizos sociais e sociosanitarios, e de parques e lugares de lecer infantil, o cal inclúe o patrocinio de marcas no mobiliario de hostalería

Categorías:  Sociedade   Saúde   España
Etiquetas:  ALCOL   MENORES

Vivenda de Badaxoz onde vivían os menores tutelados (EFE/José Luis Real)

Deteñen tres menores pola morte dunha educadora nun piso tutelado en Badaxoz

10/03/2025 09:47

A muller asasinada denunciara un dos menores, segundo os seus compañeiros


O presunto asasino sae dos xulgados de Vigo en febreiro de 2023 (Gustavo de la Paz-Europa Press-Arquivo)

Pídenlle 33 anos de cárcere por matar a súa exparella en Baiona diante de dous fillos menores

07/03/2025 15:36

A Fiscalía acúsao dun delito de asasinato e dous delitos de lesións psíquicas graves, coas agravantes de xénero e parentesco

Considera que "co ánimo de acabar coa vida desta, cravoulle varias veces o coitelo no pescozo e o peito, e que, cando estaba xa no chan, golpeouna repetidamente co machada na cabeza"


Detido no concello ourensán de Padrenda un menor acusado de enaltecemento do terrorismo xihadista

27/02/2025 10:25

Na Audiencia Nacional decidiron o internamento en réxime pechado do adolescente de 16 anos que foi detido o martes no concello ourensán de Padrenda por adoutrinar e enaltecer o terrorismo xihadista

Está acusado de adoutrinamento a terceiros a favor do Daesh, autoadoutrinamento e enaltecemento do terrorismo, todo isto en liña


Imaxe de arquivo de Juana Rivas en 2018. Europa Press.

Un xulgado de Granada mantén a medida para que o fillo de Juana Rivas siga en España

20/02/2025 15:35

Mantense a medida provisional de suspender a volta do menor a Italia que decidiu o pasado día 7 de xaneiro un xulgado en funcións de garda

O ditame freou o regreso do neno a Italia co seu pai, que ten a custodia exclusiva


Imaxe de arquivo da estación de trens Westbahnhof, en Viena. REUTERS/Heinz-Peter Bader

Un rapaz de 14 anos, detido en Austria por planear un atentado nunha estación de tren

19/02/2025 15:34

Na súa casa atoparon libros xihadistas, instrucións e materiais para fabricar explosivos, dous coitelos e bosquexos de ataques con armas brancas

O material atopado suxire vínculos co grupo terrorista Estado Islámico


Hospitalizado un adolescente tras caer desde un terceiro andar en Zas

17/02/2025 10:30

Permanece ingresado na UCI do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña en estado grave


Imaxe de arquivo dun caiuco chegando á illa do Hierro. Europa Press / Antonio Sempere

O Constitucional anula parte do protocolo de menores do Executivo canario

12/02/2025 17:57

Acórdase así a anulación definitiva dalgúns preceptos que xa estaban suspendidos polo Tribunal Superior de Xustiza das Canarias

Este expuña que os nenos que chegaban sós a terra non estaban desamparados, senón baixo custodia da Policía ou a Garda Civil


O reparto de menores seguirá criterios como a poboación ou a renda das comunidades

07/02/2025 08:39

Fontes do ministerio precisaron que, co texto no que se traballa, todas as comunidades autónomas terán que acoller, en maior ou menor medida, algúns dos 4.500 nenos e adolescentes que se pretende distribuír

Rego sinalou que tamén faltan por pechar "os flocos económicos", pero reiterou a intención do Goberno de dotar financeiramente este plan "de maneira suficiente"

Categorías:  Política   España
Etiquetas:  MIGRANTES   MENORES

Catro mozos, tres menores, investigados por unha malleira a un rapaz de 16 anos en Nigrán por celos

04/02/2025 17:21

A orixe da agresión puido estar nunha discusión provocada polos celos dun dos atacantes ante o saúdo da vítima a unha moza do seu grupo

Categorías:  Galicia   Sucesos   Nigrán
Etiquetas:  MALLEIRA   MENORES

EFE/J.L.Cereijido

Feridas tres menores, dúas delas na UCI, ao seren atropeladas nunha beirarrúa en Oviedo

24/01/2025 11:34

As menores estaban a esperar a que o semáforo se puxese en verde para os peóns para cruzar a rúa

Etiquetas:  ATROPELO   MENORES

Deteñen en Cangas unha pelexa multitudinaria de menores de idade

20/01/2025 13:37

A Garda Civil conseguiu deter unha pelexa multitudinaria entre menores no parque da Choupana, no concello pontevedrés de Cangas

Nesta pelexa ían participar entre 30 e 40 mozos


O minuto de silencio este martes/EP

Falece un menor de tres anos tras caerlle encima unha portería nun pavillón de Subirats, en Barcelona

15/01/2025 12:58

O accidente produciuse a media tarde do pasado martes, cando o menor estaba xogando con outros nenos no interior das instalacións deportivas


O lugar onde morreu o home de orixe galega

O home acoitelado polo seu fillo adolescentes en Palencia era natural de Zas

12/01/2025 20:56

Consternación no seu concello natal, onde aínda vive parte da súa familia


Axentes da Policía no lugar dos feitos. EFE/Almudena Álvarez

Detido un rapaz de 15 anos acusado de matar a coiteladas o seu pai na rúa en Palencia

11/01/2025 16:57

O home mantiña unha discusión coa nai do menor e coa súa parella actual

A vítima, de 55 anos, tivera no pasado unha orde de afastamento da súa exmuller


Imaxe de arquivo de Juana Rivas en 2018/EP

O fillo de Juana Rivas seguirá en España ata que se resolva que xulgado leva o caso

10/01/2025 11:48

O neno chegou o 22 de decembro a España cun permiso para visitar a súa nai e o seu irmán e debía regresar inicialmente o 2 de xaneiro

Residía en Italia co seu pai, quen tiña a súa custodia

Etiquetas:  GRANADA   MENORES

Foto de arquivo (Rocío Ruz/Europa Press)

Condenado por obrigar os seus fillos a ver vídeos porno e a "recrealos" entre eles

09/01/2025 10:52

A súa condena, de catro anos de cárcere, pode quedar suspendida sempre que non volva delinquir durante tres anos e cumpra de traballos en beneficio da comunidade


Xuntanza no Ministerio de Política Territorial sobre a repartición de menores migrantes (Europa Press/Jesús Hellín)

O Goberno e Canarias danse dez días para pechar a repartición extraordinaria de menores migrantes

09/01/2025 09:48

O ministro de Política Territorial, Ángel Víctor Torres, e o presidente do Goberno de Canarias, Fernando Clavijo, mantiveron este xoves unha xuntanza na sede do Ministerio


Momento en que a Garda Civil analiza a situación do coche conducido polo menor

Investigan un menor de 14 anos que colleu o coche dun familiar e tivo un accidente

03/01/2025 17:27

O condutor tivo que ser liberado polos bombeiros e trasladado ao hospital. Con el viaxaban outros dous menores, que tamén tiveron que ser hospitalizados.

O rapaz, que ao parecer colleu o coche sen permiso familiar, perdeu o control do vehículo, saíu da vía e acabou envorcado no concello de Laza


Arquivo TVG

Dous detidos en Lugo por unha suposta agresión sexual a unha menor durante a Noitevella

02/01/2025 12:46

A vítima, de 16 anos, denunciou que cando saía dun local de lecer na madrugada de fin de ano foi abordada e rodeada por un grupo de homes e que dous deles lle fixeron tocamentos


TVPC

Falece unha nena de 10 anos ao caer desde un décimo piso nas Palmas de Gran Canaria

02/01/2025 11:52

A Policía abriu unha investigación, aínda que os primeiros datos apuntan a un accidente


Nais de menores agredidos por grupos violentos piden xustiza en Vigo

18/12/2024 14:18

Reclaman endurecer as penas e ditar ordes de protección e afastamento respecto das vítimas


Comezo do xuízo en Sevilla ao acusado de asasinar a súa moza menor de idade (MARÍA JOSÉ LÓPEZ/EUROPA PRESS)

O acusado de asasinar a súa noiva menor en Rubio (Sevilla) admite que a matou "dun tiro de escopeta"

10/12/2024 15:38

Asegura que estaba "todo o día tomando drogas e bebendo alcol" e que está "moi arrepentido": "Estou disposto a pagar"


EFE / Raúl Caro

Un braseiro é a posible causa do incendio en que faleceron unha nai e a súa filla de 14 anos en Villaverde (Sevilla)

05/12/2024 09:29

Ademais, o marido e pai das vítimas foi trasladado ferido de gravidade ao hospital, mentres que outro fillo quedou ileso


Vista da sede xudicial de Linares. EFE/Carlos Cid

Prisión provisional para o acusado de matar o fillo da súa parella en Linares

01/12/2024 15:56

Tamén está a ser investigado por ferir o irmán xemelgo do neno, de dous anos

Cristian é a novena vítima por violencia vicaria no que vai de ano en España


Campaña de vacinación contra a gripe nos hospitais para menores de cinco anos

30/11/2024 08:30

As familias poderán acudir aos centros de referencia esta fin de semana en horario de mañá e tarde


Detido polo asasinato dun neno de dous anos nun posible caso de violencia vicaria en Linares

28/11/2024 17:49

O irmán xemelgo da vítima resultou ferido e foi trasladado ao hospital

A nai declara que se atopou coa escena ao chegar de traballar, cando pediu axuda

A morte do cativo puido deberse a un traumatismo cranioencefálico tras recibir unha brutal malleira

O detido saíu de prisión hai 4 meses


Deteñen un mozo de 17 anos tras matar a súa exparella de 15 en Orihuela

25/11/2024 09:52

A adolescente foi trasladada con feridas de arma branca ao Hospital de Torrevieja, onde faleceu

A menor rompera a relación co presunto asasino hai uns días e non existían denuncias por malos tratos

Deteñen un home en Tenerife por tentar asasinar a súa muller en presenza da filla


Putin prohibe a adopción en Rusia cando o país de orixe permite o cambio de sexo

23/11/2024 18:12

A cidadanía española é unha das afectadas pola lei aprobada este sábado 


A responsable de migracións de Unicef, Sara Casero, nunha entrevista no 'Bos días'

Unicef pídelle ao Goberno que "apoie con recursos" as Canarias para protexer os menores migrantes

22/11/2024 10:56

A responsable de migracións, Sara Casero, insta as administracións central e autonómica a "despolitizar" este asunto e "compartir responsabilidades" para protexer os menores non acompañados


Veciños de Elviña, atemorizados por tres cuadrillas que ocuparon a praza Ramón Colmeiro

18/11/2024 12:41

Denuncian insultos, ameazas e enfrontamentos con persoas maiores, que demostran con vídeos

Piden a retirada dos bancos da zona para disuadilos e máis presenza policial


Atopan os corpos dos nenos desaparecidos durante a DINA en Torrent

13/11/2024 10:09

Foron atopados en dúas localidades diferentes, situadas a uns quilómetros do municipio


Neno con bandeira de Palestina nunha manifestación en Roma. Europa Press / Cecilia Fabiano

Israel permitirá condenar a prisión a nenos de 12 anos acusados de "terrorismo"

07/11/2024 19:33

Hamas acusou as autoridades israelís de castigar os menores pola súa "resistencia e rexeitamento á ocupación, en violación dos tratados internacionais"

En caso de ser considerados culpables de asasinato por motivos "terroristas", entrarían nun centro de menores para logo ser trasladados ao cárcere ao cumprir os 14 anos

Categorías:  Política   Mundo

Europa Press

Australia propón prohibir aos menores de 16 anos o acceso ás redes sociais

07/11/2024 09:19

A lexislación podería afectar a redes sociais como Instagram, TikTok, Facebook, X e Youtube, aínda que se establecen excepcións para plataformas consideradas "de baixo risco"


Imaxes do dispositivo de busca da nena en Fisterra este sábado

Atopan nunha praia de Fisterra a mochila coa documentación da nena de Ordes desaparecida

26/10/2024 18:26

Buscan en cantís de acceso moi difícil por terra e con mergulladores da Garda Civil

En Fisterra, onde xa levan tres xornadas co rastrexo, rexistrouse o último sinal do seu móbil que aínda non apareceu

Publicidade
Publicidade