Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detido un rapaz de 15 anos acusado de matar a coiteladas o seu pai na rúa en Palencia

Detido un rapaz de 15 anos acusado de matar a coiteladas o seu pai na rúa en Palencia

O home mantiña unha discusión coa nai do menor e coa súa parella actual

A vítima, de 55 anos, tivera no pasado unha orde de afastamento da súa exmuller

Axentes da Policía no lugar dos feitos. EFE/Almudena Álvarez
G24.gal 11/01/2025 16:57 Última actualización 11/01/2025 18:45

Un adolescente de 15 anos permanece detido en Palencia acusado de matar a coiteladas o seu pai en plena rúa. Ocorreu sobre as 14:00 horas á altura do número 11 da rúa Eras del Bosque, no barrio de San Juanillo, en presenza de numerosas testemuñas.

Segundo confirmou a Subdelegación do Goberno, a vítima estaba discutindo coa nai do menor e a súa actual parella. Ao parecer, o mozo observou a lea dende a xanela da casa onde vive coa nai, saíu cun coitelo e matouno. 

O pai, de 55 anos, tivera no pasado unha orde de afastamento da súa exmuller, pero agora xa non estaba vixente.

Nin a Policía, que lle fixo reanimación cardiopulmonar, nin o persoal sanitario do servizo de Emerxencias puideron facer nada por salvarlle a vida, xa que tiña numerosas feridas de arma branca no pescozo.

Atendidas outras catro persoas

Tamén atenderon outras catro persoas, o propio menor, que foi trasladado en ambulancia ao Complexo Asistencial de Palencia con feridas nun brazo, e tres mulleres, de 29, 51 e 52 anos, dadas de alta no lugar.

A zona estivo acordoada ata a chegada do forense, que procedeu ao levantamento do cadáver. A Policía Nacional detivo o presunto autor e agora investiga todo o ocorrido para esclarecer os feitos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade