Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detido Kike Salas, xogador do Sevilla, por forzar tarxetas para amañar apostas

Detido Kike Salas, xogador do Sevilla, por forzar tarxetas para amañar apostas

Sospeitan que amigos e familiares do futbolista obterían ganancias duns 10.000 euros nun mes

Foto de arquivo de Kike Salas, xogador do Sevilla F. C. (Ricardo Larreina/AFP7/Europa Press)
G24.gal 14/01/2025 14:54

Axentes da Policía Nacional detiveron a Kike Salas, xogador do Sevilla Fútbol Club, acusado de provocar que lle sacasen tarxetas amarelas para que persoas da súa contorna gañasen diñeiro con apostas deportivas.

Un xulgado de Morón de la Frontera (Sevilla) investiga ao futbolista por un presunto delito de estafa cometido durante partidos disputados entre as xornadas 31 e 38 da liga da tempada pasada e, ademais del, foron arrestados dous amigos seus por axentes do CENPIDA (Centro Nacional Policial pola Integridade no Deporte e as Apostas).

As fontes consultadas detallan que as apostas déronse en cinco destes encontros nos que o club hispalense non tiña posibilidade de obter título algún, segundo os indicios solicitados pola Policía.

De feito, os investigadores indagan en presuntas apostas ilegais e sospeitan que amigos e familiares do futbolista participarían nunhas 30 amañadas en seis establecementos e obterían ganancias duns 10.000 euros nun mes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade