Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ángel Villar, procesado por corrupción e prexuízo de 4,5 millóns en contratos coa RFEF

Ángel Villar, procesado por corrupción e prexuízo de 4,5 millóns en contratos coa RFEF

Os feitos producíronse entre 2007 e 2017 e destacan varios partidos amigables da selección cos que beneficiaría o seu fillo

Están investigadas tamén outras sete persoas, entre eles o exvicepresidente da RFEF Juan Padrón

Foto de arquivo do expresidente da Real Federación Española de Fútbol (RFEF), Ángel María Villar (Eduardo Parra/Europa Press) Foto de arquivo do expresidente da Real Federación Española de Fútbol (RFEF), Ángel María Villar (Eduardo Parra/Europa Press)
G24.gal 14/01/2025 11:16

O xuíz Francisco de Jorge procesou o expresidente da Federación Española de Fútbol (RFEF) Ángel María Villar pola obtención de contratos entre 2007 e 2017 que causarían unhas perdas de 4,5 millóns de euros, entre os que destacan varios partidos amigables da selección cos que beneficiaría o seu fillo.

O maxistrado da Audiencia Nacional ditou un auto de pase a procedemento abreviado (equivalente ao procesamento) no que propón sentar no banco a Villar por delitos continuados de administración desleal, corrupción nos negocios, apropiación indebida e falsidade en documento mercantil; e no que procesa tamén a outros sete investigados, entre eles o seu fillo, Gorka, e o exvicepresidente da RFEF Juan Padrón.

Esta pescuda enmárcase dentro do denominado caso Soule, que comezou en 2017 e na que se indaga se Villar e Padrón lograron aproveitarse dos seus cargos para beneficiar a persoas da súa contorna, e na que o xuíz concluíu que a Federación sufriría un prexuízo de 4.514.441,72 euros.

Segundo o relato do xuíz, polo menos dende o ano 2009, Villar, en conivencia co seu fillo Gorka, imporía algunhas das seleccións rivais de España para disputar partidos amigables, con prexuízo da Federación e co fin de beneficiar a este último a través da empresa Sport Advisers SL, mediante a obtención de contratos das federacións que resultaban beneficiadas neses encontros.

Unha actuación coa que, segundo o maxistrado, a entidade federativa soportaría perdas de, polo menos, 3.830.000 euros, e Gorka Villar, que elexía os rivais das selección e as condicións económicas dos encontros a pesar de non ter relación laboral coa RFEF, obtería uns ingresos, como mínimo, de 366.583,08 euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade