Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tres 'boixos nois' aceptan ata 3 anos de cárcere por unha malleira a un seguidor do Raio Vallecano

Tres 'boixos nois' aceptan ata 3 anos de cárcere por unha malleira a un seguidor do Raio Vallecano

Estes ultras do Barcelona agrediron un membro dos Bukaneros en 2018 sen ningún tipo de discusión previa 

Ningún dos tres entrará en prisión sempre que non volvan delinquir, paguen o que falta da indemnización e fagan un curso de igualdade de trato e non discriminación

Entrada dos tres afeccionados ultras na Audiencia de Barcelona. EFE Entrada dos tres afeccionados ultras na Audiencia de Barcelona. EFE
G24.gal 13/01/2025 16:22 Última actualización 13/01/2025 17:40

Tres mozos vinculados aos Boixos Nois, a afección ultra do FC Barcelona, aceptaron ata tres anos de prisión por unha brutal malleira en 2018 a un seguidor dos Bukaneros do Raio Vallecano polo seu rexeitamento á ideoloxía dese grupo, aínda que non irán ao cárcere ao quedar a pena suspendida.

Os mozos aceptaron este luns os feitos ante o tribunal da Audiencia de Barcelona, despois de que as partes alcanzasen un acordo que rebaixou sensiblemente a petición inicial das penas de cárcere, de 11 anos.

O suceso ocorreu en 2018 en Sitges (Barcelona), cando os tres novos vinculados aos Boixos Nois agrediron de forma conxunta un membro dos Bukaneros do Raio Vallecano, sen discusión algunha e movidos unicamente pola súa "animadversión á ideoloxía antagónica" que lle atribuíron, segundo o escrito de Fiscalía.

Un dos mozos foi condenado a un total de tres anos de prisión polos delitos de tentativa de homicidio e tenza ilícita de armas prohibidas, mentres que os outros procesados aceptaron tan só dous anos, unicamente polo primeiro ilícito.

O tribunal recoñeceulles a agravante de discriminación ideolóxica e as atenuantes de dilacións indebidas e de reparación do dano, posto que os procesados consignaran antes da vista 30.000 euros, do total de 42.000 fixados na sentenza como indemnización.

Ademais das penas de prisión, o tribunal tamén lles impuxo a prohibición de comunicarse ou achegarse a menos de 1.000 metros da vítima durante cinco anos e o comiso definitivo da arma extensible usada na agresión contra o afeccionado do Raio.

Ningún dos tres entrará en prisión debido a que o tribunal lles suspendeu a pena de cárcere, condicionada a non delinquir durante o tempo das súas condenas, ao cumprimento do pago do resto da indemnización e a someterse a un curso de igualdade de trato e non discriminación.

No caso do condenado con maior pena, que accedeu á suspensión pola vía extraordinaria, tamén deberá pagar unha multa de 1.314 euros.

"Animadversión á ideoloxía antagónica"

Segundo detalla a Fiscalía no seu escrito de acusación, os acusados emprendérona a golpes coa vítima, sen mediar discusión algunha, unicamente movidos pola súa "animadversión á ideoloxía antagónica" que lle atribuíron, dado que vestía unha camiseta dos Bukaneros, seareiros do Raio, vinculados á extrema esquerda.

Actuando conxuntamente, engade o Ministerio Público, os acusados derrubaron dunha patada a vítima, que caeu ao chan, tras o que lle seguiron dando patadas  e puñadas por todo o corpo ata que lograron romperlle a camiseta dos Bukaneros.

Ao mesmo tempo, un dos procesados, que leva tatuado no pulso o ano en que se fundou o FC Barcelona (1899) e no peito o primeiro escudo do club, golpeouno na cabeza cunha defensa ríxida extensible de 54 centímetros para a que carecía de permiso.

Por mor da agresión, o seguidor dos Bukaneros sufriu graves lesións polas que estivo 12 días hospitalizado e que lle deixaron secuelas na cara e no fémur, ademais dun prexuízo estético.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade