O Barcelona quere volver a unha semifinal de Champions 6 anos despois
O Fútbol Club Barcelona enfróntase ao Borussia Dortmund na volta dos cuartos de final da Champions League cos deberes feitos
Balde causa baixa no conxunto azulgrá por unha lesión no bíceps femoral
21:00, Signal Iduna Park

O Barça viaxa a Alemaña co pase a semifinais no peto despois do 4 a 0 logrado na ida. Un trámite para os de Hansi Flick, que no encontro de Montjuic foron moi superiores ao conxunto alemán e practicamente sentenciaron a eliminatoria cos goles de Rapinha, Lamine e Lewandowski por partida dobre.
A pesar da vantaxe, Flick, que coñece o ambiente do Signal Iduna Park polo seu pasado na Bundesliga, pediulle aos seus xogadores que manteñan a concentración e que fagan un encontro serio.
Para o encontro desta noite, Balde causa baixa no carril esquerdo por unha lesión no bíceps femoral que o deixará 3 semanas afastado dos terreos de xogo. Gerard Martín é unha das opcións para substituír o lateral. O Borussia afronta o milagre con baixas importantes como as de Marcel Sabitzer, Filippo Mané e Nico Schlotterbeck.
