Publicador de contidos

Publicador de contidos

Szczesny e Raphinha certifican un triunfo de moito mérito do Barcelona

Szczesny e Raphinha certifican un triunfo de moito mérito do Barcelona

Malia xogar con dez desde o minuto 20 por expulsión de Cubarsí, o Barça trae un triunfo do campo do Benfica (0-1) para a volta 

G24.gal 05/03/2025 22:50

O Barcelona conseguiu un triunfo de moito mérito no campo do Benfica. Tivo que xogar con dez desde o minuto 20 do encontro por expulsión de Cubarsí. Atopou a mellor versión do porteiro polaco Szczęsny, que realizou un partidazo e detivo todos os intentos, e foron moitos, dos portugueses. 

Aos dous minutos cada equipo xa tivera cadansúa oportunidade. Xogouse a un ritmo de vertixe todo o primeiro tempo ata a expulsión de Cubarsí. A partir dese intre o porteiro polaco converteuse no heroe do Barcelona, con tres paradóns que evitaron a vantaxe do Benfica ao descanso. 

A segunda parte abriuse con outra intervención de Szczęsny  xusto antes de que Raphinha conseguise marcar o gol da vitoria nun dos poucos achegamentos do Barcelona desde que quedou con dez. Tocou un exercicio defensivo para o equipo de Flick, que soubo sufrir apoiado na súa portería e sacou un triunfo impensable vendo as estatísticas de lanzamentos a portería, porque o Benfica executou 25 tiros e non conseguiu marcar ningún gol. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade