Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta Fortuna rescata en Zamora un punto insuficiente na loita polo ascenso (1-1)

O Celta Fortuna rescata en Zamora un punto insuficiente na loita polo ascenso (1-1)

José Carlos abriu o marcador xa na segunda metade, e Hugo González acadou o tanto do empate

Os de Fredi están a seis puntos dos postos de promoción de ascenso

Foto: @CanteiraCeleste
G24.gal 27/04/2025 21:33

O Celta Fortuna igualou no Ruta da Prata, campo dun rival directo que segue un punto por diante dos celestes. A seis dos postos de promoción e so catro partidos por diante, a misión de entrar na loita polo ascenso parece moi complicada.

O partido abriu con Tincho moi activo polo costado dereito do ataque vigués. Seu foi o primeiro remate a porta, que detivo Sobrón sen excesivos atrancos. O Zamora non gozou de moitas ocasións no primeiro período, pero tivo en Tresaco ao seu home máis incisivo. Seus foron os remates máis perigosos.

Logo doutro aviso de Tincho,, que volveu deter Sobrón, chegou a máis clara do Celta Fortuna. Óscar Marcos remataba ao traveseiro, e o balón botaba na liña. Un gol pantasma que non concedeu o colexiado, e tampouco penalti sobre Burcio no rexeitamento.

Na segunda metade, o Fortuna volveuse estirar á busca do gol, sen premio. E si o tivo o Zamora, que aproveitou o seu mellor momento para inaugurar o marcador. Fo contra o minuto 70 de partido, cando Tresaco volveu probar fortuna, batendo primeiro co traveseiro, e rematando despois alto. E, pouco despois, os centrais subiron ao remate. Bolo topou co pau, e José Carlos aproveitou o rexeitamento para anotar o primeiro.

O gol caéulle moi mal ao equipo vigués, e o Zamora seguiu atacando durante varios minutos malia aos trocos de Fredi Álvarez. Pero si foron quen de artellar unha xogada no treito final para empatar. Lanzouna Tincho, xa polo seu carril esquerdo. Centrou Ángel Arcos, tocou Gavián no punto de penalti e marcou no segundo pau Hugo González. O dianteiro cedido polo Valencia segue facendo goles.

O empate final non descarta ao Fortuna da fase polo ascenso, pero o resto de resultados da xornada déixano a seis puntos dos postos de promoción, e catro partidos por diante. Un punto máis ten o Zamora.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade