Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Arenteiro derrota ao Lugo no Espiñedo (2-1) e achégase á permanencia

O Arenteiro derrota ao Lugo no Espiñedo (2-1) e achégase á permanencia

Os de Raúl Jardiel acaban cunha serie de oito xornadas sen gañar

A reacción do Lugo foi insuficiente, e queda a tiro dos postos de descenso

G24.gal 26/04/2025 21:09

O Arenteiro respira ante un Lugo que se volve afogar. Foi nun derbi no que saíron mellor os lucenses, con ocasións de todo tipo. Unha acción individual de Raúl Hernández detida por Diego García e unha incorporación o ataque de Zoilo que remata fóra, á que respondeu Iano Simao facendo traballar a Lavín.

Sen embargo, a ocasión máis clara deste primeiro tempo chegou a balón parado neste córner rematado por Ceberio pouco antes de chegarse o descanso.

Un descanso que o Lugo prolongou en exceso, xa que recibiu dous goles  nos oito primeiros minutos da reanudación no que David Ferreiro tomou un protagonismo especial.

Primeiro metendo un balón para Jordan que mete a pelota na área para que Pascu chegando desde atrás faga o un a cero.

O segundo tanto tamén chegou logo dunha acción elaborada na que participan Pascu, Enol e culmina David Ferreiro. O ex xogador do Lugo volvía marcar como no encontro da primeira volta.

Recurtaron diferenzas o Lugo a oito minutos do remate, nun córner que Borge remata contra a súa propia portería e que metía os branco e vermellos no partido.

Incluso Afriyie tivo a oportunidade de empatar no 87 nunha saída mal medida de Diego García que Diori acabou sacando baixo paus. Vitoria do Arenteiro que tamén supera os lucenses no gol average particular.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade