Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Lugo vence ao Sanse (1-0) cun gol de Raúl e un recital de Lavín

O Lugo vence ao Sanse (1-0) cun gol de Raúl e un recital de Lavín

O porteiro, que volvía ser titular, fixo unha chea de paradas de mérito

A vitoria saca aos lugueses dos postos de descenso

G24.gal 19/04/2025 21:07

O Lugo acadou unha vitoria importantísima diante da Real Sociedade B, un rival da parte alta, e sae dos postos de descenso. Foi nun encontro decidido grazas a un gol de Raúl Herández, que despois defendeu o Lugo cun Marcos Lavín espectacular nas súas intervencións.

Logo dalgún tímido achegamento da Real Sociedade B, sobre todo nas botas de Astiazarán, o Lugo pegou primeiro. A súa primeira boa ocasión acabou co gol da primeira metade. Foi nun ataque de Jon Cabo pola esquerda, con asistencia a Raúl, que marcaba cun axustado remate por baixo. A Real intentou reaccionar axiña., pero quedou claro que era a tarde de Marcos Lavín. O porteiro volvía á titularidade, e celebrouno cun recital de paradas espectacular, sobre todo en accións a balón parado. O Lugo tamén buscou o segundo. Puido conseguilo á saída dun córner, e tamén por medio do autor do gol. Raúl Hernández culminou unha boa acción colectivo cun remate que se estrelou no traveseiro.

Non chegou ese segundo, pero tampouco o empate antes do descanso. Mäis intervencións de mérito de Lavín, axudado por Lizancos e polo poste da súa portería, xa nos minutos finais, impedírono. A primeira parte pechou coa lesión de Guille Perero nun mal apoio. O fútbolista tivo que marchar en padiola entre xestos de moita dor.

Na segunda metade, o Lugo freou as acometidas do Sanse, que non chegou á área galega con tanta facilidade. Pero, co paso dos minutos, o filial foise achegando outra vez con perigo. E aí, especialmente nos minutos finais, volveu emerxer a figura enorme de Marcos Lavín. Dous paradóns do porteiro, xusto despois dun gol anulado ao Sanse por un fóra de xogo milimétrico acabaron de soterrar as opcións dos guipuscioanos no partido. A vitoria deixa ao Lugo fóra do descenso, e dálle un balón de osíxeno na moita pola permanencia.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade